Os concelleiros tivéranse que sumar ao grupo de non adscritos por incumpriren o pacto asinado entre socialistas e nacionalistas. Agora, o desacordo co PSdeG á hora de elixir a presidencia da Fegamp fixo que o Bloque retirase a medida.
A Executiva Nacional do BNG resolveu na súa última reunión levantar a suspensión de militancia e, polo tanto, "restituír todos os seus dereitos a todos os efectos", aos edís de Porto do Son, Corcubión e Muros, contra os que tomara esta medida tras incumprir o acordo de gobernabilidade co PSOE.
O BNG lembrou que, no seu día, esas persoas foran suspendidas de militancia e non se lles permitiu inscribirse nos municipios como "grupo municipal do BNG", debido ao incumprimento pola súa parte do acordo entre BNG e PSdeG-PSOE para a gobernabilidade dos concellos galegos, en virtude dunha liña política de pactos estabelecida polo consello Nacional.
Porén, a Executiva do BNG resolveu que, aínda que o incumprimento dos acordos por parte do PSdeG-PSOE no referente á elección da directiva da Fegamp "non muda" a determinación do BNG de cumprir estes acordos, "si cambia a situación e o contexto creado en relación cos militantes do BNG expedientados".
Deste xeito, a dirección nacionalista considerou que o que xulgaba era unha cuestión estatutaria e non unha valoración da actuación política dos concelleiros de Muros, Porto do Son e Corcubión. Consecuentemente, este órgano decidiu resolver os expedientes coa restitución dos seus dereitos como militantes a todos os efectos.
O BNG acusou os alcaldes do PSdeG de incumpriren e vulneraren o pacto asinado entre nacionalistas e socialistas para impulsar unha presidencia rotatoria na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) na asemblea que este órgano tivo o 22 de novembro.
Reaccións do PSdeG
A dirección do PSdeG-PSOE criticou a decisión do BNG. O secretario de organización dos socialistas, Ricardo Varela, dixo que "con esta decisión non só evita a expulsión dos citados concelleiros senón que lle dá o visto e prace aos gobernos de coalición co PP en Muros e Corcubión e ao pacto de gobernabilidade de Porto do Son".
Varela negou que existise un acordo na Fegamp e tacha a resolución dos nacionalistas de "coartada para non expulsar os concelleiros" que, segundo afirma, vulneraron "o acordo nacional asinado entre o PSdeG e o BNG", e asegura que "a decisión do BNG reflexa a determinación dos nacionalistas de facer gobernos de coalición co PP".
Como se o PSdeG non pactase abondas veces co PP, que cínico o Ricardo Varela. Lembramos A Porqueira, Corcubión, etc., ou agora mesmo en Lugo.
Moi ben polo BNG!!!
Alguns alcaldes do PSOE, entre os que se atopa o actual regedor de Paderne (A Corunha) figerom no passado pactos de legislatura com o PP sem criar nenhum tipo de problema no seu partido. Menos hipocrisia.
Segundo Ricardo Varela "a decisión do BNG reflexa a determinación dos nacionalistas de facer gobernos de coalición co PP"
Mentres este home non teña "a súa casa" en orde(que se lembre de Orozco por exemplo)que non fale dos demais...
Xa os tiñan que ter admitido antes. Mais vale tarde que nunca. Os do PSOE que calen que teñen moito que rascar.
em corcubiom os secuaces de R. Varela nom só pactaron cos independentes de ultradereita senom que nestas últimas municipais volveronse a pressentar aunadosse cos ultradereitistas baijo as siglas do psoE...o cinismo deste home só busca palavrería nos jornais...bem pola decissiom do Bng...
Isto demóstrame o que sempre pensei.
Que as cuestións do nacionalismo non poden nin deben estar amarradas a intereses políticos, relixiosos, económicos, etc. Xa que estes grupos e os seus intereses utilizan o legitimo sentimento de nación do pobo Galego coa única e bastarda intención de escalar postos na sociedade, obter poder e réditos económicos.
É triste ver como na campaña electoral fálase de solidariedade e xustiza social e resulta que á hora de aumentarse o soldo non acórdanse que centos e miles de cidadáns requíreno máis. E non impórtalles negociar con outras organizacións políticas. E sen ningún rubor votar a favor dunha medida a todas loces inxusta (acordémonos da vergoñosa conduta do BNG cando prestouse a aprobar o famoso plus aos altos funcionarios) Iso si. Cando déronse conta da metida de pata, trataron de remendar o capote con calquera conto de camiño e unha que outra lagrima de crocodilo. Seguro que non renunciaron ao famoso plus. Se a moral prevalecese e o arrepentimento fose sincero. Deberon destinar ese importe ás galescolas e desa forma incentivar un san sentido de galeguidad nos nosos nenos. E aclaro que non falo do PP nin o PSOE xa que de estes non se podía esperar outra cousa que aguantar a treboada e deixar que un novo escándalo faga que se esqueza o acontecido.
De tal maneira que non me sorprende nada que se readmita a uns militantes por non seguir os lineamientos da cúpula do BNG. O que si tería que considerarse. É que estas militantes puidesen haber actuado mal. Pero tamén hai que recoñecer que puidese darse o caso. Que estes tendo un mellor coñecemento do pobo que o elixiu, determinasen que unha alianza con tal ou cal partido non fose conveniente aos intereses da comunidade, e polo tanto asumisen esta conduta. Poñendo interéselos do seu electores por riba dos das súas organizacións políticas. En poucas palabras. A quen débelle fidelidade o político? Ao pobo ou ao seu partido? Conste que isto non descarta a existencia dos mercenarios da política.
Aos cales impórtalles moi, pero moi pouco. Dicir que son de dereita hoxe, de esquerda mañá, prol monárquicos ao mes seguinte. E o ano seguinte Quen sabe?
E non impórtalles
haber actuado mal
interéselos do seu electores, etc.
Repasa o galego antes, e de deixar de meterte co BNG, porque das outras forzas non dis nada, e senón só de Chávez... Hai que ser máis ecuánime.
RANCIADAS lea completo. Para que non sufra. Vea o final do último parágrafo onde sinalo:
“E aclaro que non falo do PP nin ou PSOE xa que de lestes non podíase esperar outra cousa que aguantar a treboada e deixar que un novo escándalo faga que se esqueza ou acontecido”.
O que ofendeu ao pobo galego foi o BNG, cando vive falando de xustiza social e de darlle primacía ao noso sentimento de nacionalidade. Pero resulta que ao falarse de cartos actúa de forma similar ao PP e ao PSOE. E chámoos así, xa que poñerlles de Galiza quédalles moi pero moi grande.
O BNG cometeu un grave erro. E aínda con iso os seus membros están gozando do inmoral plus polo cal votaron. E reitérolle, se tivesen a menor vergonza Carlos Aymerich tería que haber renunciado, e o citado PLUS do cal hoxe gozan inmoralmente terían que habelo destinado a empresas que fomenten a galeguidad, que moi ben puidesen ser as galescolas.
E aclárolle, foi unha torpeza política do BNG xa que os seus votos non eran necesarios para a aprobación do citado PLUS xa que o PP e o PSOE tiñan claro que querían esos cartos e que terían que afrontar o desprezo popular por iso. Se o BNG se opuxese ao mesmo este igualmente sería aprobado pero a imaxe de partido sairía reivindicada.
Entón, recoméndolle que lea novamente. Xa que falar mal dos pecadores de sempre PP e PSOE é chover sobre mollado. O tristeiro é ter que criticar por feitos reais e comprobables a unha formación nada na nosa nación e que fundamenta a súa razón de ser na xustiza social e o valido sentimento de nación que algúns profesamos.
RANCIADAS. Sobre Chávez aunque no fue mencionado para nada en el texto motivo de su crítica, le contesto en Venezolano (Castellano que hablamos en Venezuela)
Del golpista sangriento del 04 de febrero de 1.992 hablo lo que me plazca ya que a diferencia de usted yo si vi la sangre de los muertos que él y sus secuaces ocasionaron.
No me dirá ahora que Hugo es un paladín de los derechos humanos con el teatro montado para la liberación de los secuestrados por la TERRORISTA narco-guerrilla colombiana. No compañero, lo que esta es tirando una cortina de humo para tapar la derrota en su ultimo referéndum. El cual perdió a pesar de tener un CNE y un tribunal supremo de justicia que le permitieron cuanta arbitrariedad quiso. Es más, para el día de hoy aun no hay resultados definitivos de su derrota. Y eso que estamos ablando del organismo electoral MAS MODERNO DEL MUNDO. ¿Habrá quien se lo crea?
Por otra parte, quiere lavarse la cara por los escándalos internacionales de las dos maletas con más de 800.000,oo dólares decomisadas en Argentina y Bolivia utilizando el viejo cuento del imperialismo norteamericano. Y le aclaro, que los americanos son y serán intervencionistas no pongo la menor sombra de duda. Pero menos dudas tengo sobre la vocación intervencionista de Chávez en América latina.
Cuando lo cierto es que ambos maletines tenían más de 800.000,oo dólares en efectivo, el único que tiene acceso a ese monto en efectivo en Venezuela es CADIVI o PDVSA (organismos del gobierno venezolano).
Que los mismos salieron desde aeropuertos venezolanos en un avión privado con altos funcionarios petroleros argentinos y venezolanos en el caso Antonini y en el caso de Bolivia en un avión militar C-130 y el dinero en manos de un militar. (Situación que no puede negar el gobierno venezolano) y que a pesar de ser un hecho irregular en cualquier parte del mundo, en nuestro país la fiscalía no ha tomado cartas en el asunto. ¿Por qué será?
Resulta que Antonini al día siguiente estaba de visita en la casa rosada de argentina (casa presidencial) y un día después sale muy tranquilo de Argentina sin que nadie lo detenga. Hoy el país austral se desgarra las vestiduras pidiendo la extradición para juzgarlo en Argentina ya que todo el mundo sabe que si el juicio se ventila en otra nación donde la justicia es independiente, se confirmaría que se trataba de una pequeña ayuda a la candidata Cristina Kirshner.
En el caso Boliviano, apedrean el avión militar venezolano y el encargado del maletín casi es linchado por el pueblo boliviano cansado de intervencionismo Chávez en su país. Resulta que al descubrirse el contenido del maletín se alega que es para ayuda humanitaria. ¿Ayuda humanitaria en efectivo y por esas vias?
De tal manera amigo RANCIADAS como decimos en Venezuela “NO CONFUNDA LA CHICHA CON LA LIMONADA” Solo me resta desearle un feliz año 2.008 a usted y su familia (que puede ser la mía) ya que le puedo asegurar que en lo ideológico, son más las cosas que compartimos que en las que discrepamos.
Sem pertencer, nem tem pertencido, ao BNG congratulo-me da sua decisom , e parabenizo-o por ter recuperado um luitador como Rafa Mouzo a quem muito estimo
E unha decisión acertada, a miña noraboa. Hai que comezar a endereitar o camiño e esta e unha mostra que nelo se anda.
A Ranciadas que se aplique a recomendación que lle dá a Coutovén e repase el a hemeroteca, xa que o PSOE de Corcubión non fixo pactos nunca co PP, o cal non quere dicir que non os teña feito noutros lares. Ou si quere dicir: que (polo menos en Corcubión) cada vez hai menos diferenzas entre as dúas forzas políticas. Para min o problema non está na readmisión, senón xa en ter pactado co PP cando, contando con menos votos có PSOE, o normal tería sido deixar a esta forza gobernar en solitario. E seguir na oposición que foi o que quixo o pobo, sen necesidade de mancharse con ese pacto e aproveitando a ocasión para renovarse. Unha aperta.
A fanecabrava e a Coutoven mirade vós a hemeroteca, que fallan moitos datos.
Con ditos como "tería que haber renunciado" non teño moito máis que dicir, non fai falta que poñas a mensaxe en español. Quixera esa mesma crítica aceda que fas "Coutoven" ao BNG que a fixeses ao PP e o PSdeG, porque nomealos nada máis porque si, a min non me vale e a outros compañeiros sei que tampouco. Se tanto te sentes ofendido xa sabes nas próximas vota a outros, pero falar de ofensa a Galiza é non ter nin idea do BNG. Que terá que ver o plus coa readmisíón dos compañeiros de Muros, Corcubión e O Porto do Son? E fala claro, Encarna Otero e os da CIG tamén son do PP. Hai algún no PP ou no PSdeG que falase en contra do plus?
Pero de que estás a falar? Só che interesa emporcar ao BNG, que fai cousas mal, pois coma todos, pero é a única forza que defende Galiza e iso podes cambialo tamén desde dentro e non só cunha crítica doada e estéril, que só lle dá folgos aos inimigos da noso País.
Xornal.com, 26 de maio de 2006
O secretario de Acción Municipal cita o caso de Corcubión “onde o BNG perdeu a alcaldía en 2003 pola actuación de dous concelleiros do PSOE que se negaron a votar a investidura do noso alcalde, Rafael Mouzo. Os concelleiros socialistas foron expulsados e mantivéronse na Corporación. Hai varios meses o secretario de Organización do PSOE, Ricardo Varela, anunciou publicamente o reingreso nas filas socialistas destes dous tránsfugas”.
Repítoche, Ranciadas, en Corcubión o PSOE nunca fixo pactos de goberno co PP, fíxoos cos independentes (AVIC) cuxo cabeza de lista concorreu nestes últimos comicios xa cos socialistas. Os altofalantes de Mouzo fartáronse de chamarlles pseudosocialistas, sociolistos, ultradereitistas e outras lindezas para logo ver como el pactaba co PP para manterse no poder. Por iso, algúns dos que votamos BNG toda a vida (e o seguimos facendo noutras convocatorias) simplemente, non votamos nas municipais.
Compañeiro RANCIADAS entón que facemos. Premiamos ao xefe da fracción parlamentaria do BNG o Sr. Aimerich pola monumental metida de pata?
Por que carallo voto e fixo votar a toda a bancada do BNG unha cousa inmoral de face aos electores?
Mire irmán, vostede quere saber porque razón moitas persoas votaron polo BNG. Precisamente porque estaban cansados da dobre moral do PP e o PSOE de face a Galicia. Que cre vostede que pensan esas persoas cando ven que neste caso o BNG fai o mesmo que o PP e o PSOE.
Honestamente RANCIADAS. Vostede cre que teñen o menor remordimiento cada vez que cobran ese plus os altos funcionarios do BNG.
A dignidade do pobo galego non é patrimonio de partido algún. A galeguidad é un sentimento e non é o BNG nin outras formacións políticas (PP ou PSOE) as que poden erixirse como defensores do noso sentimento de nación. Iso é unha responsabilidade individual.
Se o BNG quere seguir sendo unha alternativa válida de poder, ten que ter moito coidado en non transitar polos mesmos camiños que o PP e o PSOE na nosa comunidade.
A xente que voto polo BNG foi por consideralo un BO PARTIDO. Se con estas condutas preténdese que a xente siga votando polo BNG non será por ser un BO PARTIDO senón por ser o MENOS MALO DOS PARTIDOS DISPOÑIBLES.
Vostede cre que iso é bo para o BNG?
Feliz ano 2.008 amigo RANCIADAS
A faneca brava, em Corcubióm os tránsfugas que pactaron cos independentes en 2003, todo há que dicilo, pactaron con gente de ultra-dereita, que nom respetaron o sentido das normas democráticas, "ocuparon" os plenos cumha política rancia, e um menosprezo total á oposicióm. A única concelhal actual em corcubiom do PP, cando menos respecta as normas democráticas e nom conseguiu deijar pegada algumha de norma própia da dereita aínda. Que ti fosses o único que nom vía claro um pacto num concelho danado polo desgoberno de catro anos parece ser um problema únicamente teu. E se o actual goberno mantén completamente as linhas e o prometido na campanha é argumento suficiente para min para ver com bos olhos ista readmissom.
Non sei que opinarán os edís en cuestión!!!.A impresión que saco deste tema é que foron/son tratados como "moeda de cambio" das políticas da cúpula do partido.Os intereses das poboacións de Muros, Corcubión e Porto do Son a quen lle importan.Nin me gustou como empezou o conto nin tampouco como se lle pon fin. Se é que ten fin desta maneira.