Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTERRO EN LALÍN

A prensa xulga a traxectoria de Xosé Cuíña

Os opinadores dos medios escritos analizan as facetas dun home que se enterra este domingo na súa parroquia natal.

Redacción - 14:00 30/12/2007

Durante este domingo, os restos mortais de Xosé Cuíña son visitados na capela ardente instalada no salón de plenos do concello de Lalín. Entre os visitantes estiveron o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo; o do PP estatal, Mariano Rajoy; o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o seu antecesor no cargo, Manuel Fraga Iribarne. O enterro está previsto para as catro e media da tarde na súa parroquia de Prado.

Nestes últimos días, a prensa do país dedicoulle artigos de opinión a unha figura que marcou toda unha época na política galega. Dende a súa achega para un PPdeG máis autónomo de Xénova até o seu papel como eterno sucesor de Manuel Fraga, que nunca chegou a ser, pasando polo seu espectacular ascenso político dende Lalín, opinadores e editorialistas debullaron polo miúdo a vida de Cuíña Crespo.


4,86/5 (7 votos)

Comentarios (14)

independencia #1 30/Decembro/2007 independencia

A Cuíña deséxolle que pasara a raia da autodeterminación e estea no ceo da independencia.
Velaí no PP o tempo do fascismo máis duro,dos exterminadores da nosa lingua e cultura.O PP é unha banda de gavioteros,Tangas e ultranacionalistas españois.

guillerme #2 30/Decembro/2007 guillerme

É preciso actuar con honor, deixar en paz aos mortos. Por todo iso eu deséxolle paz a Cuíña, posto que non fixo nada tremendamente malo e gustáranos ou non defendeu a súa patria como mellor soubo.

Por todo isto pido un minuto de silencio por este político galego (moito máis galego que todos os do PP de hoxe en día).

larpeiran #3 30/Decembro/2007 larpeiran

Era quen do peor e do mellor, coido que marchou antes de facer todo o que tiña que facer. Eu sempre tiven a esperazna de que fragmentase o PP e crease un partio tipo PNV... Home que foi quen de citar autodeterminación dentro do partido que sataniza todo o que non sexa España pero tamén de gobernar con Fraga et alii o país como se dunha súa leira se tratase.

Porén dentro de 50 anos ninguén se ha lembrar del, nin de Fraga -se daquela finou- e de tantos outros....

breixoak #4 31/Decembro/2007 breixoak

Houbo moitas alabanzas estes días, incluso de moitos que o tiñan acoitelado politicamente ata a sociedade antes. Cuiña, co bo e co malo, demostrou que é totalmente inviable un PP galeguista. Dende Génova, nin dende os centros de poder máis requintados do propio país, non van permitir que medre un centro-dereita que crea que Galiza pode ser dona do seu destino. Esa é unha das razóns (xunto con outras de tipo estrutural) pola que nunca xerminou un nacionalismo conservador como no caso de CiU ou do propio PNV. Cuiña, por moito poder que tivera no seu momento (e abofé que o tivo) non deixou de ser "populum" para as castes con pedigrí do PP. No momento en que deixou de ser o alcalde do seu pobo para arelar outras metas comezou a súa irresistible ascensión e previsible caída aos infernos. A súa historia podería ser a parábola do home feito a si mesmo, que tanto vende o ultraliberalismo e o propio partido, mais a realidade (o darwinismo das castes) impúxose, como era de agardar.

En clave nacional, Cuiña foi moito máis aló do imaxinable. Defendeu unha mensaxe galeguista, case federalista, que puxo taquicárdico ao españolismo máis rancio e galegófobo que existe no PP (que nas súas clases dirixentes, non na súa base electoral, é abrumadoramente maioritario).

Durante a década dos 90 o PP "en clave galega" rachaba teitos eleitorais, emborrachábase de votos. O sector da boina traíalle tranquilidade á rancia burguesía galega aínda que esa mesma caste (que apostaba por un PP de birretes, eis o paradoxo) se lle revolvera o estómago cando os "rural-boys" sentaban canda eles á mesa. O sector "galeguista" do PP non quixo ou non puido ver que era ben visto para recadar os votos polas corredoiras pero non para pisar unha moqueta reservada para "martinellis" con pedigrí. Só había que ver no telexornal a cara de circunstancia dalgúns prebostes do PP mentres agardaban cola humillados canda paisanos con pantalóns de pana, zamarra grosa e boina.

Mais na década dos 90 mentres ese PP máis galego subía e subía como a escuma, tamén o facía o BNG. Uns anos despois todo semella borralla. Un PP totalmente sumiso ás teses de Acebes e Zaplana, un Bloque que relaxa a súa mensaxe nacionalista e de transformación e que (sorprendentemente, ou quizais por iso mesmo) ve como se desincha electoralmente, un PSOE que xoga a ser o que toque para ser hexemónico pero que segue peregrinando a Ferraz 70 porque facer política "en provincias" é un castigo, ou no mellor dos casos un trampolín. Onde están as pezas do puzzle que faltan? Quizais só esteamos tecendo e destecendo para que todo siga igual...ou quen sabe...

charino #5 31/Decembro/2007 charino

Chámame a atención as loubanzas que vexo nesto foro e na prensa sobre o defunto Cuíña. Desde o seu carácter galeguista, case federalista, como pretende breixoak e que íl mesmo nega nos seguintes párrafos, ata o animal politico que vin escrito por aí. Cuíña non foi máis que un cacique de Lalín, representante esgrevio da política caciquil, que practicou o PP en Galicia, recollendo os restos do aparato franquista e contando co beneplácito do PSOE de Ferraz que enviou a Fraga a un desterro a estas brumosas terras do NW. Chámame a atención que ninguén fale de que ó mesmo tempo que se convertía nun dos políticos claves en Galicia, crecía tamén o seu espíritu empresarial así como os da súa familia. Enriqueceuse coa súa proximidade ó poder. Non é raro que no seu enterro estivesen todos os persoeiros e adláteres da nosa clase política galega, incluíndo o noso arquitecto Cesar Portela. Estaban todos os que están hoxe xuntiños a prol da Cidade da Cultura, ese gran negocio nacional. O seu cadaleito tamén o levaba o ex-alcalde de Ortigueira, proveedor de pedra para a mesma obra.
Caciques e politicos corruptos. Isto e o que da a Nosa Terra.

lura #6 31/Decembro/2007 lura

asistimos ao nacemento dunha grande pluma: Juan Calvo, xuntaletras insigne do Faro de Vigo

independencia #7 31/Decembro/2007 independencia

E logo,López "españolazo" Veiga non foi por Lalín.Por medo a que alguén das puchas lle dera unha labazada ou por non ver a bandeira galega no cadaleito?

Carl #8 31/Decembro/2007 Carl

Boas a todos. Son Rafael Cuiña. Agradecer a VIEIROS a súa actitude cara Xosé Cuiña e tamén os comentarios. López Viega sí estivo, o que pasa é que para el a bandeira galega coa que quedei para o resto da miña vida non representa nada. Despois de interminables conversas con él (Xosé Cuiña) sobre o seu concepto de galeguismo, penso que era probablemente máis nacionalista galego de centro dereita que outra cousa.

Un saudo e grazas de novo.

Barcelos #9 31/Decembro/2007 Barcelos

Curioso que Vieiros non deixase pór comentarios á noticia ata que se expresaron todos os políticos. Con Chávez adoita facer o mesmo.

A verdade é que somos moi brutos e hai veces en que convén actuar con tacto e non deixar que se desenfrenen as masas.

D.E.P. Cuiña

larpeiran #10 1/Xaneiro/2008 larpeiran

Pois, Carl, a pesar das diferenzas ideolóxicas, reciba as nosas condolencias.

surenho #11 2/Xaneiro/2008 surenho

Cuiña tiña luces e sombras, pero está aparecendo moito comentario que quizais confunde soños con realidade. Diante da non existencia dun nacionalismo de dereita, ou cando menos dun galeguismo autónomo de Madrid, moitos quixeron ver en Cuíña, e en xeral no chamado sector da boina, un xermolo de galeguismo que nunca agromou. Cuíña non é máis que un político feito a través dos mecanismos clientelares do poder a quen tanto lle tiña declarase galeguista ou calquera outra cousa. O seu (serve en xeral para todo o sector da boina) é o pragmatismo de achar e manter o poder. Que non se identifican co españolismo rampante do PP? Seguramente non, pero tampouco co contrario. A súa ideoloxía estaba nos seus intereses.

charino #12 2/Xaneiro/2008 charino

E algo mais que curioso como certa chamada "esquerda" nacionalista bota de menos a falta dun nacionalismo de dereita e amosa continuamente a súa melancolía sobre o inexistente empresariado autóctono.

surenho #13 2/Xaneiro/2008 surenho

Contestando ao comentario de Charino, penso que para calquer nacionalista é unha mágoa que non existan forzas propias en todos os ámbitos ideolóxicos e políticos. Ou por dicilo máis claro, o desexábel para calquera nacionalista é un pobo que elixa forzas propias para a súa representación política e non forzas alleas, algo que no caso galego non vai máis alá do 20%. Cuestión distinta é que Cuíña e os seus apoios (Baltar principalmente) desen en constituír un partido galeguista, cousa que eu dubido. En calquera caso mellor tería sido para o País un PP gobernado por estes oportunistas do poder que pola rancia dereita española, xa que o centro de gravidade dese PP estaría máis nos seus intereses (fosen os que fosen) que na rúa Génova.
É dicir, eu non vexo mal que dende a esquerda nacionalista se bote en falla unha dereita nacionalista, outra cousa é que Cuíña, ou o sector da boina en xeral, sexan, foran, ou poidan ser tal cousa.

charino #14 2/Xaneiro/2008 charino

O problema surenho son os que chamas "seus intereses", porque soamente son seus, non do conxunto das clases populares galegas. Considerar que un empresario por ser galego ou ir envolto na bandeira de Galicia e menos corrupto (o que tí lle chamas sombras) ou explotador que un catalán a verdade é que tampouco o entendo.
A diferencia entre o que é substantivo e adxetivo paréceme fundamental. Así cando falas de "un pobo que elixa forzas propias", supoño que estas a falar de forzas que representen os seus intereses populares, polo tanto de esquerdas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: