Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
DEICA O 16 DE MARZO DE 2008, NO PALAU ROBERT

Exposición sobre Vázquez Montalbán, unha cociña das escritas

No catálogo da instalación participan, entre outros, Suso de Toro.

Redacción - 20:00 01/01/2008

Unha mostra que recupera un escritor singular a cabalo da literatura e a gastronomía aos catro anos do seu pasamento. A partir da metáfora da cociña debúllase a vida e a obra de Manuel Vázquez Montalbán a través dunha serie de instalacións que establecen un paralelismo entre espazos relacionados coa gastronomía e a obra literaria. No catálogo recóllense textos do cociñeiro Ferrán Adrià, os escritores Suso de Toro e Maruja Torres, Saramago, o cantante Raimon ou o político Rafael Ribó.

A exposición, que se pode visitar no Palau Robert e na web, foi comisariada polo político e escritor Ignasi Riera, asesorado pola viúva e polo fillo de Vázquez Moltalbán, e ofrece unha guía de lectura de Los mares del sur.

Exposición Amb Manuel Vázquez Montalbán

Até o 16 de marzo de 2008

Palau Robert

Passeig de Gràcia, 107 - 08008 Barcelona


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: