Falta de autocrítica e afastamento das "inclemencias económicas", foron os principais reproches do PPdeG ao discurso de Emilio Pérez Touriño.
"Botouse en falta unha verdadeira reflexión autocrítica do presidente da Xunta", queixouse Afonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, afirmando que no Goberno a austeridade no gasto público "brilla pola súa ausencia" e asegurando que a Xunta "bate marcas de contratación de persoal de confianza dos altos cargos".
Rueda interpretou que o discurso de Pérez Touriño é mostra da instalación do presidente "no seu mundo feliz" e queixouse de que se mantivese "afastado das inclemencias económicas e da "deterioración dos servizos públicos" que na opinión dos populares "padecen a miúdo a maior parte dos galegos". O secretario xeral do PPdeG insistiu tamén en que Galiza "está ninguneada por Madrid" e asegurou que o Estado "deixou de gastar 2.000 millóns de euros orzamentados".