Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO PAZO DA ÓPERA, O XOVES ÁS OITO E MEDIA

Woody Allen, na Coruña, e de balde!

A Fundación Barrié proxectará durante toda a semana oito filmes do director, en versión orixinal subitulada, nun ciclo titulado Benvido Mr. Allen.

Redacción - 10:27 02/01/2008


Woody Allen chega a Galiza para practicar a súa gran paixón: o jazz, coa banda que o acompaña nos concertos que ofrece todos os luns no hotel Carlyle de Manhattan, cando o cine llo permite. O concerto, que comezará ás oito e media da tarde, será gratuíto, pois forma parte do programa seleccionado pola Fundación Barrié para celebrar o seu 40 aniversario. As entradas deben recollerse este mércores na billeteira do Pazo da Ópera, que abrirá polas tarde.

A New Orleans Jazz Band incluíu a Galiza na súa xira, que xa visitou Lisboa, Barcelona e Donostia e que tamén viaxará a Santander. A banda está conformada por Woody Allen (clarinete) Conal Fowkes (piano), Gregory Cohen (contrabaixo) John Gill (batería), Simon Wettenhall (trompeta) e Jerry Zigmont (trombón).

Ciclo na Fundación Barrié

Para recibir a W. Allen, a Fundación Barrié e o CGAI programaron un ciclo, titulado precisamente Benvido Mr. Allen! con algúns dos seus filmes máis coñecidos, que se proxectarán en versión orixinal subtitulada dende o día 2 até o dez de xaneiro. Así, na sede da Fundación Barrié poderán verse Wild Man Blues (2 de xaneiro), Annie Hall (3 de xaneiro), Bananas (4 de xaneiro), Match Point (5 de xaneiro). Todas as proxeccións son gratuítas e comezarán ás cinco e media da tarde. A semana que vén o ciclo continuará na sede do CGAI, en Durán Loriga, con proxeccións ás oito e media da tarde, con Recordos (7 de xaneiro), Zelig (8 de xaneiro), A rosa púrpura do Cairo (9 de xaneiro) e Un final made in Hollywood (10 de xaneiro).


Documentos

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: