Unha enquisa na web da televisión pública dá a escoller entre as estreas do 2007 para que os internautas voten entre elas.
Comeza o ano 2008 e é momento de facer balance do 2007. A Compañía de Radio Televisión de Galicia quere coñecer cales das estreas da temporada tiveron máis éxito entre o público. Para iso puxo en marcha unha enquisa na súa páxina web na que se pode votar e valorar, entre 1 e 5 puntos, cada un dos programas.
Polo momento, a estrea mellor considerada do 2007 é a serie estadounidense 'Heroes', con máis dun 4,3, seguida da serie documental de produción propia 'Historias de Galicia', por riba do 4,1. Séguelle outra produción norteamericana, 'Monk', tamén con máis de 4 puntos, aínda que con moitos menos votos.
Entre as que recibiron máis valoracións atópanse tamén o concurso 'Son de estrelas' e o programa de humor 'Air Galicia'. Porén, o espazo presentado por Teté Delgado malamente acada os 3 puntos. Na parte baixa da táboa están a serie 'A lei da ría', e o concurso 'Buscando estrelas', os menos preferidos polos votantes da web, que non chegan ao 2.
Esta iniciativa da televisión autonómica é a primeira dunha serie de propostas encamiñadas a reforzar a ligazón entre a cadea e a cidadanía, que poderá deste xeito avaliar a programación do medio de comunicación público.
Que volten a emitir "Cuarto sen ascensor", xa que teño que vela na canle europea os sábados a unha da máñá.
Venho de comprobar que umha mesma persoa pode votar cada vez que entra na página. O inquérito nom ten o máis mínimo rigor. Se desejares ter a ilusom de morar num país culto e consciente podes votar em "Histórias de Galicia" e "Doa-Doa" as vezes que quigeres.
Estimad@s amig@s: Pouco ou nada imos a descubrir sobre a "patética" grelha da RTVG. Luar, Futebol, Superpinheiro...algo trocou na televissom nacional? Coido que empeorou. Quem veu a despedida de ano na "galega" sabe do que estou a falar. Muita coca e muit@ idiota...A culpa de quem é? Pois nossa por deixarlhes fazer o que queiram com os nossos cartinhos. Uma aperta.
É certo que a CRTVG ten moito que mellorar, pero tamén é certo que avanzou moito. Sen ir máis lexos, nos informativos, que por primeira vez teñen algo de obxectividade, non como na "era Fraga". O público temos que reclamar máis series e películas de calidade, feitas no país e en galego. E Galloso está moi visto, é un falso, un pelotas... Xa non o aturan nin as vellas.
Ánimo a CRTVG¡¡