Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Selección Galega

O vindeiro partido, que tal contra Brasil?

Tras desputar o seu terceiro encontro contra Camerún, xa se están a facer cábalas de cal pode ser o noso seguinte rival.

Fernando Arrizado / Lucía Iglesias - 11:05 03/01/2008

Uruguai, Ecuador e logo Camerún. Cal queres que sexa o seguite adversario dos Irmandiños? Os seareiros non perderon o tempo e xa están cabilar sobre cal pode ser o equipo ao que se enfrontará á nosa selección no vindeiro partido. Polo de agora, Brasil e Portugal son os que encabezan a lista de preferencias, pero tampouco quedan atrás outras grandes seleccións como a Arxentina ou calquera das europeas.

Aquí podes ver as apostas dalgúns dos asistentes ao partido contra Camerún, e tamén as preferencias dos nosos seleccionadores. E ti, a quen queres?


5/5 (5 votos)


Comentarios (28)

Garrano #1 3/Xaneiro/2008 Garrano

Leva razón Arsenio, Brasil é un pouco caro (haberá algunha selección máis cara?) e pagar máis de 200.000€ para que pase outra vez como con Camerún dada a non remota posibilidade de que Robinho pida dende o Hotel Trip Mª Pita 4 ducias de condóns, pois prefiro Portugal. A máis é bo que se vaian afacendo os portugueses ao feito nacional galego. Ou non?

Garrano #2 3/Xaneiro/2008 Garrano

Catro ducias de condóns, entendase, antes do partido. O que fagan logo écheme igual!

dumiense #3 3/Xaneiro/2008 dumiense

Triangular Eskal Herria - Catalunya - Galiza XA!!!!!!!!!!

Trovador #4 3/Xaneiro/2008 Trovador

Eu gostaria de jogar contra Brasil e ao ano seguinte com Portugal, porque som seleçons de grande qualidade (Brasil representa melhor futebol do mundo e Portugal foi subcampeoa europeia e viriam muitos portugueses se o partido se celebrasse em Balaidos) e porque ajudaria a irmandade com os paises nos que se fala galego-português.

P.S.: algúns galegos também gastamos bastantes camisinhas. Com todos os meus respeitos, recomendo-lhe a Garrano que faça mais o amor pelas efectos favoráveis que tem. E é que já o dizia um amigo meu: o grande problema deste país é que se fode pouco.

Picoverde #5 3/Xaneiro/2008 Picoverde

Portugal

Bardo-do-vinho #6 3/Xaneiro/2008 Bardo-do-vinho

Eu quero que xogue contra Castela, ou como lle chamen a selección de madrid para demostrarlles a tódolos seus ultras que digan o que digan nós si somos unha nazión.
Pero tal vez para iso necesitaríamos uns xogadores que sentisen máis a camiseta que levan, por fea que esta sexa, xa que cando o último partido foron poucos os que cantaron o himno, o cal si ten letra e moi fermosa.

alexinho #7 3/Xaneiro/2008 alexinho

Espanha

Xeonllo #8 3/Xaneiro/2008 Xeonllo

Non son partidario de xogar contra Brasil porque iso é crear falsas expectativas. Nin Brasil ía vir cos seus verdadeiros titulares nin Galiza podería porque nunca deixan vir a todos os mellores xogadores ao non ter carácter oficial a nosa selección.

Mellor sería xogar partidos que tivesen carácter reivindicativo e non seguirmos coa ilusión de que temos unha selección como as demais. Poderiamos ter unha selección bastante máis forte se puidesen vir xogadores importantes que os seus clubes non deixan para que non se lesionen ou simplemente se negan os propios xogadores. Tamén non é unha boa cousa o xogar no Nadal, que é tempo de vacacións para os futbolistas, o que dá aos partidos da selección galega un carácter medio de brincadeira, non serio, mais non temos outra alternativa.

Nestas circunstancias, ao termos que xogar no Nadal, xoguemos contra Euskadi ou Cataluña, incluso Portugal (con España é imposible, non nos enganemos), e que teña o carácter reivindicativo de podermos ter un equipo nacional galego que participe nas competicións internacionais, sen pretendermos en ningún momento ver grandes partidos antes diso.

El_pastorrr #9 3/Xaneiro/2008 El_pastorrr

Prefiro algo máis barato como Irlanda, Escocia ou xa postos Cataluña, ou contra a campeona de Europa, Grecia.

Montemogos #10 3/Xaneiro/2008 Montemogos

Contra Escocia, gustaríame porque así podería vir, por exemplo, Nacho Novo; pero é imposible porque a liga escocesa non para polo Nadal, máis ben acelérase. Eu aposto por Suíza, Portugal ou Marrocos, que tamén hai ben de marroquís por aquí.

luisinho #11 3/Xaneiro/2008 luisinho

o mellor sería un torneo entre:Galiza,Euskal Herria,Catalunya e.............españa

triforio #12 3/Xaneiro/2008 triforio

Eu estou con "dumiense", o que fai falla é un partido contra Euskal Herria ou contra Catalunya. Contra Portugal tamén estaría ben. Habería moita afición, o que fai falla é montar festa, a festa do futbol galego¡

UnDeTantos #13 3/Xaneiro/2008 UnDeTantos

A min gustaríame que xogásemos contra Irlanda do norte ou Escocia,por exemplo

occy #14 3/Xaneiro/2008 occy

Por deus, Irlanda don norde non!!, ou Norde de Irlanda, como din os da republica pra tocarlle os colhoncinhos os Ingleses jeje
Rep.de Irlanda ou Portugal!!!

terracha #15 3/Xaneiro/2008 terracha

A min gustariame que se xogase un torneo polo verán de nacións sen estado europeas( Escocia, Gales, Catalunya, Euskadi, Friul, Bretaña......e por suposto Galicia)

galeguzo #16 3/Xaneiro/2008 galeguzo

Contra a Catalunha já jogárom as fêminas galegas (não lhes foi demasiado bem). E homem, jogar contra os catalães tampouco me tem muito 'chiste'. Acho que é mais reivindicativo jogar contra países cuja selecção participa já em competições oficiais.

Cuido que um Galiza—Marrocos seria algo bem lindo, ou um Galiza—Cabo Verde (que se podia aproveitar para fazer proselitismo linguístico e festejos musicais :).

E logo, em plano onanístico, um partido para a história: um GALIZA—MALTA :)))

JES #17 3/Xaneiro/2008 JES

¿Brasil? Non logro entender ben a utilidade de gastar demasiados cartos da consellería do deporte en pagar a xogadores de fútbol millonarios para que veñan a xogar un partidiño no nadal contra nos. Perdoade pero non o vexo. O importante e montar a festa do fútbol galego vendo xogar a nosa selección e que veñan todos os nosos xogadores de primeiro nivel, o rival penso que é o de menos.

carlinhos21287 #18 3/Xaneiro/2008 carlinhos21287

QUE PAGA TODO OS PATROCINADORES.... foder que puta mania de se queixar dos cartos....

en canto ao encontro hai que buscar un rival que vaia mais alo do mero deportivo: un galiza-eire galiza-escocia galiza-euskadi/catalunya ou un galiza-portugal... a quen carallo lle interesa un galiza- chile ou similar?????

rouquinho #19 3/Xaneiro/2008 rouquinho

Eu estoi x xogar contra de espanha... o q nom estou certo é q espanha tenha collons de xogar contra nós... tampouco os ten de xogar contra de catalunha ou euskadi, pero é q os espanholitos sonvos assim...

eu_mesmo #20 3/Xaneiro/2008 eu_mesmo

eu digo España ou o triangular Euskal Herria - Paisos Catalas - Galiza, esta segunda opcion é mais factibel...pq os españois non teñen narices

pampeiro #21 3/Xaneiro/2008 pampeiro

Sería doado fazer,como no rugby,unha liguiña celta entre nós,a Escocia,Irlanda,o Gales,e tamén Asturias,Cornualles e Bretaña.Tamén gostaríame xogar contra Euskadi,Catalunya e...Espanha.E das superpotencias contra o Brasil e sobre todo polo que representa na nosa história contra Arxentina.Unha liguiña de nacións sen estado,como dín terracha,sería tamén moi interesante.

luvas #22 4/Xaneiro/2008 luvas

O ideal, para reivindicármonos como selección nacional, sería facer unha EUROCOPA DE NACIÓNS SEN ESTADO cada 4 anos ao mesmo tempo ca Eurocopa e convidar a aquelas seleccións que quedaran eliminadas da mesma.
Iso si que nos daría proxección internacional. Unha EUROCOPA "B".

luvas #23 4/Xaneiro/2008 luvas

Habería datas, pois todas as ligas rematan antes e os xogadores aínda terían tempo para as vacacións.
É só cuestión de vontada e sobor de todo de continuidade. Só así se obtén o reconhecemento internacional.
Non nos esquezamos de XIBRALTAR; tamén ten equipa nacional.

larpeiran #24 4/Xaneiro/2008 larpeiran

O de Xibraltar motiva e moito! O resultado (festival goleador) e por amolar...

xviluba #25 4/Xaneiro/2008 xviluba

Kosovo - Galiza xa e a desputar en Pristina!!

Dias #26 4/Xaneiro/2008 Dias

Jogar contra O Brasil seria surreal. Do ponto de vista desportivo seria um fracasso pois a canarinha nom iria trazer os seus melhores jogadores e do ponto de vista financeiro tanto pior, já que som a selecçom que mais cobra no mundo.

Contra Portugal parece-me que seria o mesmo, pois nom iriam jogar os melhores, o seleccionador iria aproveitar para experimentar outros. O mesmo se diz do ponto de vista financeiro, já que Portugal, com Ronaldos, Quaresmas, Decos e afins, som dos que mais cobram, tamém...

O ideal seria um jogo contra seleçons europeias e que estivessem a um nível superior mas nom deixassem de ser acessíveis. Umha Irlanda, umha Escócia iriam bem. Pena é que os seus jogadores actuam na Inglaterra e como sabemos nom páram polo Natal. Ainda assim, deixo outras sugestões. Noruega, que é forte do ponto de vista desportivo, mas acessível. O seu campeonato em Dezembro está já decidido. Dinamarca e Suécia tamém iriam bem...

rockandroll #27 6/Xaneiro/2008 rockandroll

Eu penso que o ano que vem temos que perder, para que a martin e a gaviotero nom lhes dea um síncope e nom suspendam a autonomia galega, por ofender os sacro-santos dogmas hispanos.

gastonlucasquiroga #28 7/Xaneiro/2008 gastonlucasquiroga

Son galaico-arxentino, nacin la Arxentina pero tamen sintome galego x moitos motivos ... son siareiro fanatico do Depor, da Seleccion Arxentina e da Seleccion Galega .... pido x favor q non xoguen Arxentina e Galiza, seria como ver enfrentarse a miña nai e a meu pai.
Xogar contra Brasil e unha irrealidade .. Brasil levaria un equipo B e asi e todo gañaria, xq son moi bos, e digo isto inda q son arxentino tamen e non temos boa relacion futbolistica cos brasileiros.
Eu preferiria xogar contra Spain!, jaja, pero iso tamen e imposible, eles ten medo de xogar coa Nacion de Breogan ...
O rival indicado seria Escocia ou Irlanda ...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: