Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avaliación do ano parlamentario

Aymerich destaca o camiño ao autogoberno pero recórdalle aos grupos o fracaso estatutario

O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, destacou o acceso a maiores cotas de "autogoberno" coma logro fundamental do último período de sesións.

Redacción - 09:00 03/01/2008

Aymerich tamén se referiu á constitución das comisións de investigación sobre as obras do Monte Gaiás e sobre o colapso da Vía do Salnés, exemplos do que na súa opinión é a demostración da capacidade da Cámara de "esclarecer de forma áxil e rigorosa a xestión realizada por anteriores gobernos".

O voceiro nacionalista considera que o fracaso en xaneiro do intento de reforma do Estatuto, marcou o ano parlamentario, pero destaca que se atopasen "outras vías" para avanzar nos "obxectivos prioritarios" marcados polo grupo do BNG. Citou ao respecto a recente proposición de lei aprobada para esixirlle ao goberno español o traspaso de tráfico. Salientou ademais a "mellora" no status do galego, a través da aprobación da norma que regulamenta o seu uso no ensino non universitario.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: