Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EGALEGO E CIBERIRMANDADE

Grupos de usuarios traducen un software xestor de foros

Xa están dispoñíbeis as traducións da documentación de phpBB e mais os sistemas SMF, Vanilla, miniBB e Fireboard.

Redacción - 11:00 05/01/2008
Logotipo de phpBB

Logotipo de phpBB

As comunidades de usuarios voluntarios seguen a traducir software libre á nosa lingua. Nos últimos días completáronse as traducións de documentación e programas ao galego por parte dos grupos eGalego.com e mais a Ciberirmandade.

O grupo eGalego completou a tradución da documentación de phpBB, e mais a do sistema de foros SMF na súa versión 1.1.4 e os xestores Vanilla e miniBB. Por outra banda, a Ciberirmandade rematou a versión na nosa lingua dos foros Fireboard 1.0.4. Todo este software traduciuse grazas á colaboración desinteresada da comunidade internauta, que pon á disposición de todos os usuarios ferramentas na nosa lingua.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: