O ex rexedor prognostica que os socialistas escollerán o ministro Molina como candidato para as próximas municipais.
Non defraudou as expectativas o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, na súa intervención este xoves diante dos micrófonos de Radio Voz. Metido a diplomático a pé do Vaticano, o ex mandatario resolveu con pouca diplomacia a pregunta acerca da súa opinión sobre o actual pacto PSdeG-BNG no Concello da Coruña. "Direi unha soa cousa, porque a bo entendedor chegan poucas palabras", afirmou, "é moi boa a experiencia de Lugo con Xosé Clemente López Orozco, e el é sen dúbida o mellor alcalde que hoxe hai en Galiza, e con moita diferencia".
Malia asegurar anteriormente que "non sería moi elegante entrar a facer xuízos "sobre o que fan os actuais gobernantes da cidade", Vázquez aínda afondaría máis no agravio a quen fora seu brazo dereito no Concello e actual rexedor, Xavier Losada. Así, cualificou de "non moi brillantes" os resultados electorais dos socialistas nos últimos comicios municipais e insistiu en censurar o pacto de Losada co BNG coruñés, destacando fronte a iso o modelo seguido polo PSdeG en Lugo, evitando o entendemento cos nacionalistas e procurando acordos co PPdeG.
Das palabras de Francisco Vázquez tamén se puido intuír a súa sintonía co actual ministro de Cultura, César Antonio Molina, a quen lle atribuíu a capacidade de encher o "oco" deixado por el mesmo. Por outro lado, tamén insistiu na súa teima contra o topónimo oficial da cidade, afirmando que a actual vontade do Concello herculino por respectar a norma é exemplo do estrague da "tolerancia e convivencia" que Vázquez di ter conseguido durante os seus mandatos.
Non sabemos si a intolerancia de Vázquez é froito do seu contacto cotián cos persoeiros da pouca caridade cristiá ou si é unha intolerancia propria de tódol-os socialistas cun pouquiño de poder. O caso é que esisten leis e hai que cumplilas, malia a opinión do Vaticano ou de Vázquez. Uns e outros, fascistas intolerantes, non están de acordo coas actuacións democráticas de quen non comunga con eles.
Impórtame máis a intolerancia do Vaticano porque ten máis poder e viola o principio básico de solidariedade e caridade que promulgou o se lider. A intolerancia de Vázquez é propria dun suxeito sometido ás veleidades do poder.
Iso é positivo para Losada e é unha proba que desde Roma non se manda: nin o Papa, nin o César nin "el Vázquez"
Era o que lle compría a Orozco, que Paco Vázquez se posicionase ao seu prol! Após non chegar a un acordo de gobernación co BNG en Lugo e pactar os orzamentos co PP agora é abenzoado por PV. Estas declaracións axudan a situar a Orozco nun ronsel nada desexábel para moitos votantes do PSOE.
Como diria Paco, "Dios lus cria i ellos si juntan". Normal que fale bem do fulano que segue a sua linha política em Lugo (mágoa, Lugo já tem L). Aprendeu muito do "urbanismo" de Paco, localismo absurdo, intolerância, etc, etc.
Mas há algo diferente: Paco meteu de concelheiros a ineptos. Orozco ainda tem algum competente. E Paco cada vez que fala ornea coma os burros, Orozco é bastante fino.
Jejeje...es que los bloqueiros de Lugo andan jodidos que no veas, porque ellos no están chupando del presupuesto como los demás, y eso jodeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee...:)