"A transmisión está agora á espera de que o presidente da Xunta lle envíe un pedimento formal ao goberno español", afirman.
O diario portugués Jornal de Notícias, máis unha vez, publica esta semana información relacionada coa posibilidade de que as canles portuguesas de televisión emitan no noso país.
Na edición desta quinta feira recollen a última iniciativa da Fundación Vía Galego neste senso. A entidade remitiulle unha carta ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, instándoo a que lle solicite formalmente ao goberno español que as televisións portuguesas se reciban en Galiza.
Este requisito foi solicitado por José Luis Rodríguez Zapatero cando afirmou que o seu executivo está "aberto a estudar a posibilidade de dar medios técnicos adicionais", en caso de lle ser realizado un pedimento neste senso dende a Xunta.
"A transmisión de canais portugueses na Galiza está agora á espera de que o presidente da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño, lle envíe un pedimento formal ao goberno español. E isto depois de que o primeiro ministro e de que as entidades españolas se manifestasen a prol da existencia de canais portugueses nos televisores dos galegos", afirman no Jornal de Notícias.
Outras iniciativas
O diario portugués recolle ademais as declaracións do director de actividades da Fundación, Ângelo Gonçalves Vicente, ao respecto: "Estamos a promover a publicación de artigos de opinión na prensa nacional galega, e tamén está prevista a organización dunha palestra con persoeiros galegos e portugueses da política e da comunicación social, entre outras actividades".
Para Carlos Callón, presidente do Padroado de Vía Galego, "non ten sentido que poidamos ter un mellor acceso televisivo ao que acontece en Murcia, a onde a maior parte de persoas galegas non viaxará nas súas vidas, e non o teñamos ao que ocorre en Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira ou o Porto, a onde moitas irán mesmo varias veces por semana".
Ademais, Callón afirma que a "recepción de novos canais na mesma lingua, aínda que nunha variante diferente, servirá de contrapunto positivo ao predominio de medios casteláns que están a prexudicar a nosa lingua".
Quiçais agarda apoio ou permisso de longínquos desertos ou afastadas montanhas; nom de libertad digital, galicia bilingüe,tangharelhos como el ghalhegho, COPE, El Mundo e cia, mas de PRISA, igual de anti-galega mais máis subtil. É ano de nom perder votos cavernários.
Está a esperar que o zapatiro lle de o prace,pois xa se sabe que as relacións con madrid so teñen un sentido
Está esperando a que pase o tempo e se vaia esquecendo, e acordandose da nai do que se lle ocorreu por complicarlle a vida. Como eperemos que Touriño de un paso adiante somos unhos ilusos, solo o dara sen non ten outro remedio e neso xogamos un papel importantísimo a opinión publica e os socios de goberno.
Eu creo que esta proposta non ten ningún punto negativo para naide, e si moito positivo. Espero que se concrete e non quede no campo abstracto das boas ideas.
Tanta lusofonia, tanto vía galego, tanto criticar ao Tourinho e agora os de Vieiros "traduzem" do português para o galego. Eu pensei que eram variantes duma mesma língua... para que mudar então a ortografia nesta nova do que se tira literalmente do Jornal de Notícias?
Quanto temos ainda por caminhar...
É mesmo assim. Para esta gente, Via Galego, A Mesa, são duas variantes da mesma língua, mas o Callón renega do "sesseio" próprio da sua terra, Ribeira.Se calhar para eles o óptimo é falar à castelhana.
Porque motivo eu que moro em Lisboa e sou cliente da TVCabo posso ver a TVG (que é uma televisão regional) e a TVE e o povo galego só pode ver a RTP internacional por cabo? Não percebo esta reciprocidade.
Canles portuguesas na Galiza xa !!! Que teñen máis dereito ca TVE a estar aquí.
O señor Touriño sempre se distinguiu polas súas decisións fulgurantes cando se trata de asuntos de calado que afectan a Galiza. Só ten unha dificuldade: o pouco claras que lle resultan as evidencias. Que hai de evidente nas históricas similitudes lingüísticas e culturais de galegos e portugueses? Que hai de evidente nas diarias relacións comerciais entre os dous pobos? Que hai de evidente nas relacións médico-sanitarias das dúas comunidades? Que hai de evidente nunha realidade xeopolítica tan innegábel como a Eurorexión Galiza-Norte de Portugal? Que hai de evidente en que moitos galegos nos sintamos lingüisticamente condicionados e reprimidos desde Madrid ao coartársenos a liberdade de escoitar e ver o que nos pete como sucedería en calquer país normal? Unha democracia que cohibe desa triste maneira os xestos necesarios dun presidente da Xunta é unha criatura anquilosada, esclerótica, repugnante. Os adxectivos pódense aplicar coa mesma propiedade á ambigüidade covarde do señor Touriño e á renartería do seu amo e mestre.
Se fora num qualquer outro país europeu, qualquer uma das regiões transmitiria emissões do seu vizinho, por muito que a língua divergisse. Obviamente na Galiza é diferente, como em tudo do que bom se faz por esse mundo fora em questões de bom-senso e de lógica. Mais ainda por a recepçom dos canais de televisom portugueses ser um perigo à autenticidade e à liberdade do gallego.
Terá que fazer o pedimento por duplicado. Cópia para o amo e cópia para Prisa.
dende logo eu podoas ver e non as vexo xq?????xq as entendo menos ca en castelan seria bo que se poidesen ver pero de ai areintegracionarse co portugues pois que sigan agardando os portugueses......temos lingua propia!!!!!!o galego