Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
MANIFESTO DIRIXIDO AO PRESIDENTE SÓCRATES

Medio milleiro de artistas piden a dimisión da Ministra de Cultura de Portugal

A xestión de Isabel Pires de Lima é criticada moi duramente no manifesto, que se distribúe na rede e reclama ""un proxecto consistente para a Cultura"

Redacción - 12:45 04/01/2008

O manifesto eloxia a política cultural levada a cabo por Manuel Maria Carrilho entre 1995 e 2000, durante o goberno de António Guterres. Os asinantes colócano como referencia e modelo, por ter realizado "un proxecto consistente, con coñecemento da realidade tanto no campo da creación artística coma no campo da xestión e dinamización do patrimonio cultural". O manifesto conclúe esixindo "un ministro cun proxecto, consciente das necesidades e prioridades deste campo e posuidor dun verdadeiro desexo de construción e crecemento desta área no noso País".

O texto pide a dimisión de Isabel Pires de Lima, a actual responsábel da política cultural, mais tamén critica duramente a xestión realizada por todos ministros os ministros de Cultura dende o ano 2000: José Sasportes, Augusto Santos Silva, Pedro Roseta e Maria João Bustorff.

Entre os asinante encontranse os realizadores Raquel Freire, José Nascimento, João Canijo e Catarina Mourão, os coreógrafos Vera Monteiro, Olga Roriz e Tiago Guedes, así como varios escritores, fotógrafos, arqueólogos, xestores culturais, actores, galeristas, arquitectos e músicos. En concreto, o escultor Rui Chafes xustificou o seu apoio á petición en que "é esencial que sexa creada unha rede de cultura contemporánea fóra de Lisboa e do Porto. As persoas que viven fóra dos grandes centros urbanos tamén devem ter acceso á cultura".


Ligazóns

4,89/5 (9 votos)


Comentarios (2)

mceleiro #1 15/Xaneiro/2008 mceleiro

Pareceis ao jornal El Ideal Gallego. Que mania de "traduzir". Acaso alguém que leia Vieiros não o entenderia? Até o Gaviotero e os Tangas não teriam problemas....

Isaura #2 19/Xaneiro/2008 Isaura

Tamén o castelán o entendemos e mais traducímolo. E a min paréceme ben que sexa esí, porque o meu idioma é o galego, non o portugués. A partir deiquí toda a interrelación e o bo rolo que queirades, pero todo polo seu peso, sen imposicións, por favor.

Ah! e ó Gaviotero ou a calquera que emita unha opinión cun mínimo de corrección, sexa no idioma que sexa, cómpre rebatilo con argumentos, non a base de empalagar o foro con alusións máis ou menos cáusticas e pretendidamente graciosas, que a ren conducen (falo en xeral).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Isabel Pires de Lima, actual ministra de Cultura
Isabel Pires de Lima, actual ministra de Cultura
Manuel María Carrilho, ministro de Cultura entre 1995 e 2000, cuxa xestión é eloxiada
Manuel María Carrilho, ministro de Cultura entre 1995 e 2000, cuxa xestión é eloxiada