Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG AGARDA INICIALA NA PRIMAVERA

Atrancos burocráticos á recollida de sinaturas contra o plus de altos cargos

Dende o sindicato nacionalista sospeitan que se estivo a retrasar o trámite para que a iniciativa lexislativa-popular non coincidise coas Xerais.

R.V. - 13:15 04/01/2008

As protestas contra unha das medidas máis polémicas de 2007, a disposición adicional 17 da Lei de Función Pública, poden reactivarse co inicio da primavera. A iniciativa aprobada xa no Parlamento por unanimidade permite un plus de até 15 mil euros anuais para aqueles funcionarios que, logo de permanecer alomenos dous anos en postos de responsabilidade política, regresen á súa praza laboral.

Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) afirman que seguen adiante coa intención de recoller 15 mil sinaturas que forcen unha iniciativa lexislativa-popular no Parlamento. O propio secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, cre que a Mesa do Parlamento estivo a adiar deliberadamente os trámites previos á recollida da sinatura, que se iniciaron xa o 30 de outubro. Na CIG sospeitan que as eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo poden explicar o retraso.

Segundo lle explicou a este diario o propio Seixo, no sindicato non teñen dúbida algunha de chegar ás 15 mil sinaturas necesarias para facer obrigada unha nova votación parlamentaria. Porén, recoñece que o retraso nos trámites deixou “medio apagado” o debate entre a opinión pública. Nos últimos meses o PSdeG e o PPdeG negáronse a cambiar o texto aprobado, mentres que os nacionalistas aseguraron estar dispostos a que se rectifique a controvertida disposición adicional.

Anterior: Privilexios ou igualdade: disposición adicional 17 (artigo de Encarna Otero en Vieiros)


4,67/5 (12 votos)

Comentarios (9)

outrolector #1 4/Xaneiro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor Seixo...como que medio apagado? Cando se trata dos cartos de todos, e tal como están as cousas, en media hora ten o debate público aceso. Móllense!! Denuncien, esixan! ; a política do médio prazo non é para tíbios!!!

breixoak #2 4/Xaneiro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que darlle para diante. Non é de estrañar que os mesmos políticos que aprobaron por unanimidade a lei non queiran dar marcha atrás.

xoselado #3 4/Xaneiro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A CIGA é a única institución que está a facer política con dignidade.Parabéns!.

Bardo-do-vinho #4 5/Xaneiro/2008 Bardo-do-vinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que nin a ciga esta a facer política con dignidade. Polo menos en moitos casos non é así.

COUTOVEN #5 5/Xaneiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa o sinalei noutras oportunidades. Se o BNG quere saír con algo de dignidade deste problema. Aymerich tería que renunciar ao seu cargo. Xa que na súa condición de xefe da fracción parlamentaria do BNG demostrou incapacidade política, ao ordenar ao seu grupo parlamentario secundar cos seus votos un plus inmoral dándolle lexitimidade absoluta. Cando o lóxico fose que votasen negativo e desa forma deixar sentado o inmoral da proposta. Quedando moi claro, que se moi no fondo desexaban ese pago, simplemente cobraríano a pesar de votar negativamente, xa que por elemental matemática só facían falta os votos do PP e o PSOE para aprobar a desafortunada medida. Se fose desta forma. Diante da comunidade quedarían moi ben parados e de caras aos seus petos moi satisfeitos, xa que estarían gozando moi caladinhos dese inmoral plus. Pola contra só demostraron inconsistencia ideolóxica e miopía política.

Agora pídenlle firmas ao pobo. Está ben, pero dando por certo que o arrepentimento é tal. Porque razón todos os parlamentarios do BNG non doan o seu aumento á creación de mais galescolas ou calquera outra actividade que enalteza o concepto de nación galega?.

É en función disto. Que non é pedíndolle as firmas ao pobo como se limpa a faciana. É limpándose a faciana e as mans primeiro que os políticos do BNG teñen que presentarse ante o pobo para pedir novamente o voto.

Xa nunha oportunidade sinálelle a un amigo. Moitas persoas votaron polo BNG por ser un bo partido, malo sería que tivésemos que votar por ser o menos malo dos partidos da galiza.

timbalo #6 5/Xaneiro/2008 timbalo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si home, era o que faltaba, ¿que dimita o mellor parlamentar que ten o BNG¿ ¿E que dimita por algo que cociñou directamente a Conselleria de Presidencia, co señor Romeu á cabeza?

fervenza #7 6/Xaneiro/2008 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Leises coma esta son as que decepcionan ós cidad@s, especialmente ós de esquerdas, as que crean na opinión pública a idea de que todos os partidos son iguais, non representantes democráticos ó servicio do pobo soberano, senon mangantes ambiciosos e sen escrùpulos que só queren encher ó peto no menor tempo posible e qeu viven á marxe dos problemas reais da xente, pobre xente, pobre Galiza cos teus mozos que emigran, si, ainda agora.

fervenza #8 6/Xaneiro/2008 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN, es algo inxenuo pensar que vai dimitir Aymerich. Os políticos cústalles moito deixar a poltrona, aínda que penso que é un político moi competente e unha persoa moi válida, malia vir dunha rancia familia do Opus Dei...

COUTOVEN #9 6/Xaneiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro que estou de acordo ao 100% con vostede FERVENZA e asegúrolle que a miña inxenuidade chega máis lonxe. Cando propoño que o plus tan criticado sexa doado ás galescolas ou outra actividade proclive ao máis san sentimento nacionalista. Todo isto partindo do feito que sexa esta un potencial xeito de reivindicar unha conduta política absurda na forma e no fondo. Como foi a aprobación do plus antes citados.

Eu non discuto os indubidables meritos políticos do Señor Aymerich pero ten que quedar claro que a xefatura dun grupo parlamentario implica responsabilidades. Non só de face aos seus colegas parlamentarios senón ante a comunidade.

Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: