Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEREITOS DE AUTOR

Condenan tres empresas de buses a pagarlle á SGAE por teren reprodutores de CD e de DVD

A Audiencia Provincial de Zaragoza rexeitou os recursos das compañías de transporte e considerou que só contar con eses aparellos presupón o seu uso.

Redacción - 11:20 07/01/2008

A Audiencia de Zaragoza condenou tres compañías de autobuses por teren reprodutores de CD e de DVD nos seus transportes escolares sen lle ter pagado previamente á SGAE. As tres empresas terán que indemnizar a sociedade xestora con 6.429,80 euros, IVE incluído, máis as custas procesuais dos recursos que presentaron.Aínda que unha das compañías alegou que os traxectos de transporte escolar non esixían a reprodución de medios audiovisuais, a Audiencia argumentou que "a mera existencia dos aparellos obriga a presumir a súa utilización". Tamén fai referencia a unha sentenza semellante da Audiencia de Granada que condenou un bar por contar cun televisor.Segundo informa El Periódico de Aragón, o texto xudicial recoñece que a SGAE ten lexitimidade para reclamar compensación pola explotación de dereitos de música e vídeo no Estado Español por habilitación administrativa e que a exime d eter que probar que as empresas ás que demanda fan un uso irregular dos seus produtos, pois "resultaría tarefa imposíbel para a actora" probar o uso dos aparellos nos autobuses.A Audiencia tamén rexeitou a alegación de que non se reproduciron obras do repertorio da SGAE e de que os dispositivos viñan de serie e non foron instalados pola compañía nin se publicitaron como elemento atractivo dos vehículos.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: