Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOLDOS POLÍTICOS

Os deputados perciben máis de 25 mil euros ao ano en dietas que non teñen que declarar

Un parlamentario galego con dedicación exclusiva cobra de media 50 mil euros anuais, aínda que só declara a metade a Facenda.

Redacción - 13:06 07/01/2008

Un representante no Parlamento de Galiza cobra de media preto 4.200 euros mensuais brutos. Porén, non hai que explicarlle a Facenda todas as retribucións. Segundo informa La Opinión de A Coruña, hai deputados que perciben até 2.092 euros ao mes en concepto de dietas que non teñen que declarar. Nesta cantidade inclúense os gastos de aloxamento e manutención. Os restantes 2.075 euros ao mes sí que están suxeitos ao IRPF.

Segundo o diario herculino hai unha “opacidade total” á hora de conseguir datos sobre as dietas dos parlamentarios. Na web do Parlamento pódense ver as retribucións pero non a parte dos soldos que non están suxeitos a retencións.

Ademais dos 2.075 euros de paga fixa e dos 2.092 euros de dietas, os deputados tamén teñen dereito a catro viaxes fixas ao mes para reunións cos seus grupos parlamentarios. Se o desprazamento se fai nun vehículo propio a indemnización está fixada en 25 céntimos por quilómetros. En caso de viaxes oficiais, os parlamentarios teñen dereito a 103 euros diarios se o desprazamento é dentro do Estado e 172 se a viaxe é fóra destes límites.

A información tamén se para no caso daqueles deputados que teñen cargos dentro do Parlamento, polo que perciben notábeis complementos económicos a maiores.


5/5 (3 votos)


Comentarios (6)

Brais #1 7/Xaneiro/2008 Brais

Aínda sería peor se cobraran ao neghro. Aínda que chegar as dietas chéganlle ben. Tamén é certo que non van xantar a diario ao Catro Ventos nin ao Manolo.

charino #2 7/Xaneiro/2008 charino

Por iso queren que os votemos. Fálase algo das xubilacións?

Roi_Batti #3 7/Xaneiro/2008 Roi_Batti

Pois a min paréceme pouco. Deberían cobrar máis. Prefiro que os cargos institucionais cobren moito "en nómina" a que cobren "por detrás".
O resto é demagoxía.

Roi_Batti #4 7/Xaneiro/2008 Roi_Batti

O ideal sería que nos igualasemos cara arriba, e non cara abaixo, non?

Roquinho #5 7/Xaneiro/2008 Roquinho

Agora entendo que goberne quen goberne para estos señores o país vai sempre ben, xa vemos que so cobran o soldo medio.

remexendo #6 8/Xaneiro/2008 remexendo

E canto perciben os asesores da Deputación da Coruña

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: