Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PREMIO AO MELLOR FILME INDEPENDENTE DO ANO

'Juventude em marcha' triunfa entre a crítica norteamericana

A película de Pedro Costa obtivo en decembro o galardón da Asociación de Críticos de Los Ángeles e agora vén de recibir catro premios da revista Indiwire.

Redacción - 12:50 08/01/2008



Juventude em Marcha
está recibindo o recoñecemento unánime da crítica estadounidense, que a sitúa como o mellor filme independente do ano. O traballo de Pedro Costa vén de recibir os premios ao mellor filme, mellor realizador, mellor actriz secundaria (Vanda Duarte) e mellor fotografía, outorgados por unha selección de 106 críticos americanos de grandes xornais e revistas especializadas, no ámbito dunha iniciativa da revista Indiwire.

En decembro Juventude em Marcha (Colossal Youth nos países anglosaxóns) foi considerada a mellor película independente de 2007 pola Asociación de Críticos de Cinema de Los Ángeles. O filme foi exhibido xa en Nova York, Los Angeles e Chicago, e agora viaxará a San Francisco.

Pedro Costa emprega nos seus filmes cámaras lixeiras de vídeo dixital e técnicas de cinema directo, unha herdanza das experiencias feitas em 16mm no documental polos seus colegas do Novo Cinema. Juventude em Marcha presenta un tríptico ultrarrealista a partir da observación do Barrio das Fontaínhas na Amadora. O filme é a continuación da historia da comunidade caboverdiana deste extinto barrio periférico de Lisboa, onde o realizador rodou Ossos (1997) e No quarto da Vanda (2000), durante a súa demolición.


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: