Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN 2007 MATARON 76 PERSOAS

A presión das grandes empresas dispara o asasinato de indios brasileiros

O espolio de recursos naturais en zonas indíxenas propicia moitas das mortes.

Redacción - 13:55 08/01/2008

Segundo o Conselho Indigenista Missionário (Cimi) alomenos 76 indios foron asasinados en 2007 no Brasil. As estarrecedoras cifras revelan un incremento dun 60% con respecto a 2006. O estado de Mato Grosso do Sul foi no que se rexistrou un maior número de mortes: 48 en total. A continuación figura Pernambuco, onde faleceron violentamente outras oito persoas.

O Cimi recabou os datos da prensa brasileira, aínda que se sospeita que o número de crimes aínda pode ser maior. Entre os asasinatos máis destacados está o do líder guaraní-kaiowá Ortiz Lopes e o de Joaquim Guajajara, de Terra Indígena Araribóia.

Causas
O vicepresidente do Cimi, Roberto Liegboot, sinala que é alarmante a violencia que sofre a poboación indíxena brasileira. Dende esta entidade condiseran que o goberno de Lula da Silva non foi quen de estruturar unha política indixenista que teña en conta as necesidades destes cidadáns e que os protexa das presións económicas que ameazan as súas terras.

Como exemplo, Liegbott falou do caso de Mato Grosso do Sul. Neste estado, segundo explicou, milleiros de indíxenas están confinados en pequenas reservas. Dende o Cimi consideran que é urxente ampliar as áreas de terra para estas poboacións desprazadas. A maior parte dos choques violentos teñen que ver coa abafante presión das grandes empresas que queren apropiarse de recursos naturais en áreas indíxenas.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe dun grupo de indíxenas no Brasil / Foto: papachisimo
Imaxe dun grupo de indíxenas no Brasil / Foto: papachisimo
Familia Yanomani / Foto: Survival
Familia Yanomani / Foto: Survival