Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MESA REDONDA DA REVISTA DO AUDIOVISUAL GALEGO

O futuro dos festivais de cine do país, a debate

Os directores de Ourense, Enrique Nicanor, e de Cineuropa, José Luis Losa, coinciden en pedirlle á Xunta que apoie un festival galego de referencia.

Redacción - 11:40 20/01/2008

A Revista do Audiovisual Galego reuniu aos responsábeis dos festivais de cinema de Ourense, Cineuropa e Cans para debater sobre a actual situación dos seus festivais, así como das súas perspectivas de futuro. Un dos principais tema no debate foi a posibilidade de estabelecer un encontro de referencia en Galiza, con capacidade para destacar en toda a Península.

A este respecto, Losa afirmou que "se a Xunta quere que Galicia estea no mapa de festivais que hai en practicamente todas as comunidades, debn apresurarse, porque cada ano que se perde é irrecuperábel". Losa concluíu que "hai que estudar que cidade é a máis axeitada, ver a traxectoria cos festivais, e tomar unha decisión, ter un festival de referencia". Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense concordou con Losa, concluíndo que "iso estaría ben se hai complementariedade, se se definen ben as cousas e non hai conflitos". Nicanor foi contundente ao referirse á coincidencia de datas entre Ourense e Cineuropa "É unha barbaridade. As datas son difíciles, porque hai moitos festivais. Hai que falalo".

O futuro inmediato
O Festival de Cans está inmerso nun proceso de internacionalización, uníndose a outros festivais alternativos que se organizan en Europa, concretamente en Holanda e Croacia, os chamados Nowhere Film Festivals, caracterizados por proxectar en lugares pouco convencionais: "É unha forma de darlles algo ás nosas curtas, que aínda que non teñan unha gratificación económica, cando menos van ter unha exhibición importante", afirma Alfonso Pato. Tamén pensan traer directores de casting e mesmo produtores, para que vexan actores e filmes, "para que sirva para o sector", conclúe Pato. E igualmente internaranse no mundo das longametraxes.

Mentres, en Ourense apostarase pola orientación aos produtores para axudarlles a desenvolver os seus proxectos. Así, estabeleceríanse sesións con coprodutores, entre o training e a práctica de mercado, "sería formación de mercado, aproximación, cos axentes correctos, a un mercado real", indica Nicanor.

Finalmente, Cineuropa, seguirá no 2008 o mesmo camiño: festival dun mes e non estritamente competitivo: "un festival competitivo, se é meramente ornamental, sería por motivos políticos, e iso a min non me interesa o máis mínimo".


3.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz do Festival de Cinema de Ourense
Cartaz do Festival de Cinema de Ourense
Presentación da última edición de Cineuropa
Presentación da última edición de Cineuropa
Cartaz do Festival de Cans
Cartaz do Festival de Cans