Na xuntanza que manterán este xoves, intercambiarán información sobre a realización de referendos e sobre a xestión do autogoberno.
Carod Rovira, vicepresidente da Generalitat, está en Edimburgo para entrevistarse co primeiro ministro escocés, Alex Salmond. O obxectivo da reunión é intercambiar información e experiencias, sobre todo as relacionadas coa celebración dos referendos de autodeterminación que ambos proxectan celebrar na vindeira década (2010 en Escocia, 2014 en Cataluña).
Salmond explicaralle a Carod as bases do documento presentado polo seu goberno (Choosing Scotland's Future) para conducir o proceso independentista. O texto explica que a mellor maneira de acadar democraticamente a independencia é a través de dous referendums: un para autorizar o goberno escocés a negociar un acordo con gobern do Reino Unido e outro para corroborar a decisión de Escocia de ser independente, que sería o referendo de independencia propiamente dito. O goberno escocés abriu o pasado mes o chamado "diálogo público" (national conversation) para avanzar cara á independencia.
Pola súa banda Carod informará a Salmond sobre as competencias de Cataluña en inmigración, sobre a potestade do president da Generalitat de convocar eleccións, sobre a constitución da Axencia Tributaria de Cataluña e sobre o modelo de televisión pública catalán.
Escocia 2010, Catalunya 2014, Euskal Herria 2018 e por analoxía co resto Galiza 2060. Eu xa non estarei aquí para desfrutalo, unha mágoa!
Hai dúas pequenas diferencias, Salmond é o primero ministro de Escocia e Carod conseller en cap da Generelitat e o SNP é a primeira forza política en Escocia e xa sabemos o que representa ERC no total do Parlamento de Catalunya.
Está moi ben, eles que vaian abrindo o camiño, que máis tarde ou máis cedo chegaremos nos.
galiza 2060?? mírome con 85 anos agharrando unha chea de likor kafé!!!!!!!!!
coincido en parte con xmcv1978, mentres o de Escocia ten un prantexamento firme, Carod tan só vende fume.
#4 Por uma vez, e sem que sirva de precedente, coincido nos teus bons desejos e não me importaria por partilhar contigo essa 'cheia' de LK :D
¡Jajaja! De lo que debería preocuparse el del bigotín naci es de las pobres, pobrísimas expectativas electorales de ERC en las próximas generales.
En fin, qué podemos esperar de partidos integrados por terroristas como ERC y que alientan y estimulan continuamente el terrorismo y la violencia.