Consellaría de Cultura, Deputación e Concello de Ferrol achegarán fondos ao certame, que o pasado ano perdeu o apoio de Caixa Galicia.
Os Esquío convocáronse oficialmente nunha rolda de prensa na que participaron representantes de todas as entidades que colaboran. incluída La Caixa, que incorpora o financiamento privado, en substitución de Caixa Galicia. A retirada da entidade financeira galega deixara no aire a supervivencia do concurso, agora asegurada.
Tamén hai cambios na remuneración económica, que aumenta, pasando de 9.000 a 10.000 euros de premio aos gañadores (en castelán e en galego) e de 1.500 a 2.500 aos accésits (un en cada lingua).
Os gañadores e accésits da XXVII edición dos premios coñeceranse en abril, mentres que o prazo para presentar orixinais ao certame remata o 15 de febreiro.