Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓN LOGO DO CONSELLO

Touriño descarta adiantar as eleccións

O presidente da Xunta afirma que o bipartito vai esgotar os dezaoito meses que restan de lexislatura.

Redacción - 14:24 10/01/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, saíu ao paso das continuas especulacións sobre un adianto electoral en Galiza. Touriño sinalou que o bipartito forma un “equipo sólido” e avogou por esgotar o ano e medio que aínda queda de lexislatura. O presidente tamén dixo que non se agardaban cambios importantes nas consellarías nos vindeiros meses.

O adianto das eleccións era unha das hipóteses baralladas polos socialistas. Incluso os socios nacionalistas do Goberno pensaban que era posíbel que, en caso dunha vitoria socialista a nivel estatal, Touriño decidise fixar os comicios para o vindeiro outono. Algúns analistas próximos ao presidente consideraban que se se daba este escenario o PSdeG podía incluso aspirar a ser a forza máis votada.


5/5 (3 votos)


Comentarios (5)

jovame #1 10/Xaneiro/2008 jovame

Hay que asegurarse de cobrar ata o final da lexislatura, que despois nada se sabe

galegasenprexuizos #2 10/Xaneiro/2008 galegasenprexuizos

¿Quen pensaba que ía adiantar as eleccións?

A2b2 #3 10/Xaneiro/2008 A2b2

Touriño, vótalle collóns e convoca eleccións!!
(Con estas Xerais xa)

ranciadas #4 11/Xaneiro/2008 ranciadas

Touriño non o vai facer nin o PSOE de Madrid porque así sabe que o BNG podería ter catro deputados ou algún máis. Nas eleccións que foron xuntas, o BNG sempre tivo máis votos e o PSOE e o PP menos. Touriño non o vai facer, que se lle vai o carisma...

ranciadas #5 11/Xaneiro/2008 ranciadas

E ademais legalmente creo que xa non o pode facer, só Andalucía vai votar coas xerais, non?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: