Segundo confirmou o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, foron entregadas á comisión da Cruz Vermella.
Clara Rojas (esquerda) e Consuelo González
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, confirmou -tras recibir unha chamada de teléfono- que a primeira hora da tarde (pasadas as 10.00 horas en Colombia) as dúas mulleres retidas polas FARC Clara Rojas e Consuelo González foron entregadas á comisión da Cruz Vermella que se desprazou ao punto acordado en dúas aeronaves.
Os pilotos recibiron as coordenadas do sitio de liberación unha vez despegaron os aparatos. Entre os pasaxeiros se atopaban membros da Cruz Vermella, o ministro venezolano Ramón Rodríguez Chacín e o embaixador de Cuba en Venezuela, Germán Sánchez.
Calarám agora os meios em que tanto se desconfiava das FARC e onde se criticava o labor mediador de Chávez?
Que interesante. Resulta que Huguito monta todo un espectáculo con presidente Arxentino e director de cine norteamericano incluído, a cal bautizo como MISIÓN ENMANUEL. Este circo fracasa xa que o neno en cuestión facia meses que non se atopaba en mans das FARC e con todo e iso mentíuselle ao mundo e gastáronse millóns de dólares en loxística, avións, transmisións satelitales, etc. Mentres os Venezolanos vítimas das FARC, moi ben grazas.
Pero resulta que logo dese patético circo montado para tapar a derrota electoral en decembro e o escándalo das maletas con dólares en Arxentina e Bolivia. Por fin liberan ás 2 secuestradas polas FARC. Nunha operación moito máis discreta, aínda que á chegada a Caracas non se escatimaron esforzos para transformar un evento humanitario nunha patética exaltación da personalidade do golpista asasino do 4 de decembro de 1.992. Garda de honra con traxe de gala ao estilo da independencia, cadea nacional obrigatoria e foto de familia onde non podía faltar un neno cargado polo presidente como para dicir que se trata de ENMANUEL que agora resulta que o secuestro o goberno colombiano para facer fracasar o espectáculo de finais de 2.007.
Chávez é presidente de Venezuela. Non de Colombia e moito menos de Suramérica. É vergoñoso ver como decenas de venezolanos morren os fins de semana como produto da delincuencia. É patético ver como para conseguir un quilo de leite, ovos e azucre os venezolanos teñen que facer periplos polos mercados e abastos. Para terminar caendo nos vendedores ambulantes que venden con sobreprezo.
É triste ver como anciáns entre estes moitos galegos teñen que pasar meses para obter un pasaporte ou recibir unha miserable pensión. Xa que se falamos de medicamentos. Que vexan como os compran.
Son 9 anos cos ingresos petroleiros máis grandes na historia do país e hoxe máis que nunca a corrupción, a ineficacia reinan en Venezuela. De tal xeito que grazas a deus e ao diñeiro de todos os venezolanos que foron liberadas estas dúas cidadás colombianas.
Pero este acto de culto á personalidade non lavase as mans ensanguentadas de Hugo Chávez nin as condutas fascistas do seu goberno.
O triste é que medios como VIEIROS vivan facéndolle a pelota a semellante criminal mentres miles de galegos sofren en Venezuela necesidades e este medio non os defenda nin diga nada sobre iso.
Mire XACATACA eu non me calo porque aquí escríbese. Por se non se deu conta.
Por outra banda parecese que carece do menor argumento por non dicir a capacidade para desmentir algo do anteriormente escrito.
De tal xeito, que se vostede desexa mandar a calar a alguén pode empezar por facelo cos seus seres máis queridos. Que por coñecelo saberán comprendelo e ata serán compracentes ante as súas limitacións intelectuais para rebater un argumento.
Bos días.
¡Menudo circo el montado por Chávez! Y encima le sale mal, porque la "Operación Enmanuel" no pudo liberar a ningún niño, pues este ya se encontraba libre. Como hiciera Carod Rovira, arrodillándose frente a los terroristas de la ETA (dios los cría y ellos se juntan...), esta operación de Chávez tenía por único objetivo la búsqueda de contraprestaciones para los terroristas de las FARC.
Que unos miserables terroristas liberen a sus rehenes no merece ningún pago. Y mucho menos que un dirigente político, aunque sea un mierdas de la calaña de Chávez, les pretenda hacer el juego.
Ahora, Colombia, que les meta caña como es debido. Y a Chávez, si puede, también...