Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O equipo profesional galego mingua

Marcos Serrano marcha do KGZ

O ciclista pontevedrés deixa o Karpin ao ficar rescindido o seu contrato, por non se ver cumpridas as súas expectativas profesionais no equipo.

Redacción - 18:06 10/01/2008
Serrano

Serrano

O ciclista Marcos Serrano deixou de pertencer ao Karpin Galicia ao quedar rescindido o contrato que vinculaba ao corredor co equipo profesional galego para a tempada 2008.

As dúas partes subscribiran un acordo a finais de 2006 con vixencia para as tempadas 2007 e 2008, mais, segundo contan dende o KGZ, debido ás "pautas que marcou este deporte nos últimos tempos", a presenza do corredor nas probas máis relevantes do calendario viuse frustrada, co "consecuente prexuízo para ámbalas dúas partes".

Corredor e equipo ían comezar 2008 como tiñan planeado, mais as súas espectativas viñan reducidas de antemán, o que fixo que o KGZ decidise rescindir o contrato de Serrano, "unha das grandes referencias do ciclismo galego", en palabras do equipo ciclista profesional galego.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: