Pola contra, en Xinzo 'Matar por matar non' dificultou a batida, e os cazadores só levaron dúas pezas.
No Deza celebrábase o campionato provincial de caza, coa participación de case seis centos cazadores, que mataron un total de 39 raposos, antes de finalizar a xornada cun xantar multitudinario.
Tamén era xornada de caza na Limia, pero alí os cazadores tiveron menos sorte, e os raposos saíron case indemnes. A acción de 16 membros de Matar por matar non e Verdegaia dificultaron as batidas, espantándolles as posíbeis presas. Segundo 'Matar por matar non', a tarefa foi dura, debido á dispersión dos cazadores e á gran estensión de terreo ocupada.
algo ten que funcionar mal cando un grupo de persoas de certa edade e presumiblemente maduros se xunta as tardes de domingo e, vestidos de camuflaxe e goretex, buscan presas para as súas escopetas brilantes nos montes e nas chairas.
vexoos patrullando polas correteiras e polas pistas nos seus todoterreno, os cans ladrando coma posesos nos remolques homologados. de pronto paran, báixanse a falar e fuman un pitillo entre xestos e azaneos para voltar a arrancar de novo entre gran aparato de motores e ladridos en ps da dirección donde acaban de escoitarse uns tiros.
a excusa para estas actuacións sempre está nas autorizacións administrativas concedidas para tales batidas, asistidas por persoal da consellería de agricultura. non se trata máis que de preservar o equilibrio ecolóxico, chegan a decir.
non vou a entrar eu neso, en si hai moito xabarín ou moito zorro, en si resulta perxudicial para determinados cultivos agrícolas esa proliferación de bichería ou si con este tipo de actuacións se regula dunha maneira máis ou menos razoabel esta hipotética superpoboación. pero o que sí me parece alarmante é a alegría con que esta soldadesca se da ó monte, como a víspera limpa canos e botas e como día tras día adestra os cans para estes fastos. cómo alguén pode efectuar estas tarefas de bo grado? cómo alguén pode ter ánimo para apuntarlle a un zorriño ou a un porco bravo que anda a despistar o humano que invade o seu territorio para confundilo e alonxalo no posible do lugar donde se acochan as súas crías? mal bicho ten que ser o que se pertreita de tanta tecnoloxía para un fin tal vil e mal deportista, pois o abuso é tal que semella aburrida tanta supremacía.
anque o mellor está ahí a cousa e é esa superioridade a que leva consigo que tanta xente se apunte á carnicería. si os zorros ou os xabaríns, se as lebres e os corzos tirasen tamén de beretta ou remington, ó mellor había menos cazadores interesados nestas batidas e neste control da poboación animal.
xa digo: paréceme un acto ben cobarde e apoio, para unha mellor deportividade e diversión tanto de eles como da poboación en xeral nestas tardes dominicales, que sexa entre os cazadores donde se fagan equipos, cada uns con petos de distintos coores, e se despanzurren entre eles cos calibres 30.06 ou 338, pois iso sí resultará fermoso e altamente edificante o dar conta de grupos poboacionais que, baixo a miña óptica, sobran tanto ou máis que os raposos ou os porcos.