Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Vídeo da selección

"Non quedes fóra de xogo"

Os seareiros da Irmandiña seguen a sorprender, neste caso cun divertido vídeo de apoio á selección.

Redacción - 13:20 14/01/2008

Ao son dos Herdeiros da Crus, os seguidores da selección galega seguen a dar forzas aos nosos xogadores. Baixo o título de "Non quedes fóra de xogo", Ana Isabel Álvarez, Adrián Barreal, Lucía Bouzada, Marta Casanova e Cristina Cid realizaron este divertido vídeo no que non falta o ritmo e o bo sentido do humor.

Por que non facer un campo de fútbol sachando na horta, ou mercar a camiseta de Galiza nas tendas máis exclusivas? Calquera iniciativa é boa para animar aos Irmandiños, e que menos que pintar a cara coas cores celeste e branca para coller o coche a ver xogar ao noso equipo.

Aquí podedes ver o traballo feito por estes mozos:


5/5 (6 votos)


Comentarios (5)

Colazo #1 14/Xaneiro/2008 Colazo

"Data de entrada: 10 meses atrás"

piugo #2 14/Xaneiro/2008 piugo

Eu, que sempre tento tirar por Vieiros, cada vez máis, perdo as ganas cando me atopo con novas coma esta, totalmente carentes de interese.

llorllidan #3 14/Xaneiro/2008 llorllidan

vaia carallo, logo que problema ten o video aínda que sexa ben simpático ¿que está feito polos mozos do colexio da Xunqueira? ¿non ten pedijri suficiente para poñelo aqui?

breixoak #4 14/Xaneiro/2008 breixoak

Pois oxalá todos os rapaces teñan a capacidade e imaxinación para argallar vídeos coma estes. Non todo é subvención, afortunadamente.

piugo #5 15/Xaneiro/2008 piugo

Eu non digo que estea mal. Está moi ben, a quen lle guste, pero non é unha nova para pór en Vieiros, ou cando menos non no Vieiros que eu querería ler.
De calquera xeito, parabéns para os rapaces, que deseguro pasaron un bo rato. E, aínda que non vén ao caso, fóra as subvencións, que son unha lacra do demo.

Saúdos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: