O líder do Partido Popular asegura que "a caza é unha actividade económica básica do medio rural".
Mariano Rajoy, este domingo na localidade española de Alcázar de San Juan
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou este domingo na localidade española de Alcázar de San Juan que actuará en favor do sector da caza de chegar ao goberno, informa o diario madrileño Público.
Nun mitin de precampaña, onde os populares presentaron as súas propostas en materia de agricultura e de gandaría, Rajoy afirmou que a caza "é fundamental na conservación das especies" e representa unha "actividade fundamental para algunhas rexións" do Estado. Xa que logo, o PP actuará "en consecuencia".
O presidente popular dixo estar disposto a apoiar ao mundo da caza "despois de ser incomprendido e maltratado polo goberno do PSOE", xa que "a caza é unha actividade económica básica do medio rural que xera postos de traballo e riqueza".
con tal de gañar votos calquera cousa vale.
Fundamental... para conservalos no frigirífico, ou nas panzas de gordos fachas cazadores... e fundamental para que as vellas e non tan vellas con cartiños non pasen frío este inverno, envoltas en peles de raposo ou de calquera cousa morta.
Quero lembrar que todos os sábados na Televisión Galega, ás 15:05 horas, hai un programa chamado "Couto Vivo" que é unha exaltación da caza, e non contentos con iso, aprenden, en horario infantil, como reventar un corzo ou matar un xabarín.
Merda hai moita, e non só no PP. No tema do maltrato animal que fagan todos un exame de conciencia.