A delegación do goberno en Madrid déralle inicialmente o visto e prace á organización Democracia Nacional para desenvolver esta protesta con trazos racistas.
A delegación do goberno español en Madrid autorizara, esta segunda feira, unha manifestación convocada por Democracia Nacional (DN) para o vindeiro domingo 20 de xaneiro, ao mediodía, fronte o Ministerio de Asuntos Sociais, en protesta polo "auxe da inmigración ilegal e masiva en Madrid e o consecuente aumento da delincuencia e inseguridade rexistrado nas últimas datas".
A última hora, a delegación do goberno informou de que esa manifestación se prohibiu e comunicou que presuntamente existiría unha fraude de lei por parte de DN ao diferiren "radicalmente" a solicitude para a marcha e a nota e lemas finalmente usada por DN para súa difusión pública.
Na súa web, a organización de ultra dereita chamaba aos seus afiliados a participar nesta manifestación pola "seguridade cidadá": "non fiques impasíbel vendo como o destrúen todo!". Na nota da convocatoria, claramente racista, tamén chamaban a varrer do país "a toda esa escoura chegada de afastadas terras".
Segundo membros do partido, os responsábeis locais de DN xa pediron autorización estando seguros de a conseguir, posto que se trataba "dunha iniciativa lexítima convocada por un partido político legal".
"Pola seguridade cidadá. Recuperemos Madrid. Así non se pode vivir"
Baixo este lema Democracia Nacional convocaba a protesta porque considera que a inseguridade dos cidadáns viuse multiplicada "con roubos, asasinatos, atracos e violencia extrema, que son o pan de cada día".
Hai agora dous meses, o 11 de novembro, o mozo Carlos Palomino morría asasinado na Estación de Legazpi, nun vagón do Metro, por un mozo que acudía a outra manifestación convocada en Usera por Democracia Nacional.
Onde andão o juiz Del Olmo e Garzón? A estes não se lhes aplica o Pacto Antiterrorista? Se a manifestação fosse por uma causa justa seguro que não se autorizava.
Un "partido político legal" que xa tiña que estar fóra segundo a Lei de Partidos Políticos. Pero claro só interesa ilegalizar a ANV e o PCTV, e os de extrema dereita campean por todos lados co beneplácito do PP e do PSOE.
Isto só pasa no estado espanhol!!!porque aqui nom se aplica a "lei de partidos? nom estamos ante a apologia da violencia ou do racismo?
apologia da exclusom social, actitude "chulesca", rechaço do que nom é estritamente próprio, ameaças manifestas e assassinos relacionados com a estrutura de filiaçom do partido... nom foi por estes supostos que se ilegalizou Batasuna e se quer ilegalizar agora ANV e PCTV? Del Olmo, Grande-Marlaska e Garzón tenhem a gripe? Se calhar é umha gripe perpétua.
Vejamos chamam-se "DEMOCRACIA NACIONAL" e as suas manifestações são legais e não são suspeitos de apologia de nada.
Portanto, essa é a democracia que EspaÑa defende para a "nación". E não há mais que falar. O resto são endrômenas.