Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O LÍDER POPULAR DIXO QUE O GOBERNO 'É DE CÓMIC'

A banda deseñada galega reclámalle a Feijoo 'respecto'

A Asociación Cultural BD Banda lémbralle ao Presidente do PPdeG a importancia cultural desta arte e o alto nivel das producións galegas.

Redacción - 19:35 14/01/2008

Entre as críticas que Núñez Feijoo dirixiu ao goberno da Xunta esta fin de semana, estivo o da falta de seriedade. Pero o líder dos populares galegos empregou unha comparación, facendo referencia á "crise de cómic" que na súa opinión viven os dous socios do goberno, que non gustou aos creadores galegos de banda deseñada.

A Asociación Cultural BD Banda pediulle esta tarde a Núñez Feijoo "respecto" para o cómic, "considerada a novena arte, en igualdade de condicións co cinema, a literatura ou a pintura". Ademais, lémbranlle que na actualidade Galiza "está á cabeza do Estado en canto a calidade e cantidade de autores neste campo. Ademais, engaden que "somos moitas as persoas que traballamos para normalizar a BD no noso sistema cultural e desligala precisamente da imaxe marxinal que o Señor Feijoo semella darlle".

En consecuencia pídenlle ao presidente do PPdeG que "e considera que o actual goberno da Xunta ten unha actuación pouco seria, recorra a outros símiles culturais que si levan implícita a carga satírica que el semella outorgarlle ao cómic: sainete, comedia, farsa ou o esperpento".


5/5 (5 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 14/Xaneiro/2008 Gaviotero

Bueno, lo que es de cómic o de traca, es esta noticia...¿No tienen otra cosa mejor que hacer los de la asociacioncilla esa? ¿Hubieran dicho lo mismo si las declaraciones las hubiera hecho Quintana? Andaaaaaaaaaaaaaaa....¡¡¡iros a pintar monas a otro lado!!!

PD: Espero que por decir que algo es de traca, la asociación de pirotécnicos gallegos no me acuse de estar en contra de la pirotecnia.

PD2: Los aparentemente incultos señores de la Asociación Cultural BD Banda, deberían saber que decir que algo es "de cómic" quiere decir que es poco serio, caricaturizado, irreal, etc.

piugo #2 15/Xaneiro/2008 piugo

Gaviotero emprega uns termos ofensivos inaceptábeis. Así e todo, non lle falta razón cando di que isto non é noticia. Madeleine, o aniversario de El Rey, Carla Bruni-Sarkozy, Feijoo di que Quintana di qu Touriño di que fulano di tampouco non son noticias. Pola contra, é interesante, sen irmos máis lonxe, a nova que fala da chantaxe serbia ás nacións que recoñezan a Cosova.

Un saúdo cordial.

Roi_Batti #3 15/Xaneiro/2008 Roi_Batti

Gaviotero
Non te metas cos de BD BANDA que non son unha asociacionciña calquera.

arinspunk #4 15/Xaneiro/2008 arinspunk

fffffffff, que cansino o Gaviotero...

luisfoz #5 15/Xaneiro/2008 luisfoz

A BD é umha nova(?) forma de expressom artística com os seus valores literários e artísticos (e também um magnífico veículo para a crítica) que apenas um ignorante pode desconhecer ou, pior ainda, tomar por umha simples brincadeira.

galegoportuguesa #6 15/Xaneiro/2008 galegoportuguesa

Creio que em algo tem razom o gaviotero, a dia de hoje está-se a perder a capacidade de nos rir de nós mesmos e hâ umha susceptibilidade extendida e socialmente aceitada que leva a certos sectores a exaltar-se por qualquer metáfora ou comparaçom que se faga. Obviamente, todos entendemos o que Núñez Feijoo quixo dizer coas suas palavras e estejamos, de acordo ou nom, o que desde logo nom fixo foi menospreçar os criadores de cómic.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: