Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS XERAIS

O BNG centra o seu programa no Estatuto de Nación e na reforma do Senado

Os nacionalistas propoñen que todos os parlamentos autonómicos escollan todos os representantes da Cámara Alta española.

Redacción - 19:23 14/01/2008
Tags: BNG campaña

O Bloque centrará a súa campaña electoral de cara o 9 de marzo na consecución dun Estatuto de Nación para a vindeira lexislatura. Segundo un borrador programático ao que tivo acceso Europa Press, os nacionalistas galegos defenderán no Congreso español a necesidade dunha reforma profunda do Senado. O máis salientábel é que o Bloque pide que todos os senadores sexan elixidos polos diferentes parlamentos autonómicos do Estado.

No BNG tamén consideran prioritario que se modifique a composición do Tribunal Constitucional para rematar co “carácter centralista de moitas das súas decisións”. Os nacionalistas consideran que nun escenario de maiorías simples poden garantir que o texto estatutario que aprobe o Parlamento non vai ser recortado en Madrid.


4/5 (4 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 14/Xaneiro/2008 Gaviotero

Total, para lo que han hecho en esta legislatura. Paquito Rodríguez en la sesión de reprobación de Magdalena Álvarez:

"¡Nooooooooooooooooooooooooon!"

Ya se pueden dar con un canto en los dientes si logran un diputado...Total, para que apoyen incondicionalmente al PSOE, mejor el original, un diputado del PSOE, que la copia barata: uno del BNG.

mceleiro #2 15/Xaneiro/2008 mceleiro

Vendo o que pidem, vá ter razão o Gaviotero....

ranciadas #3 15/Xaneiro/2008 ranciadas

Non, mellor o señorito Rajoil cos seus "hilillos de plastilina", a Ana Pastor rosmando, a Fraga delirando, gaivota non gañades as eleccións nin querendo. O BNG adiante!!

Sabrexo #4 15/Xaneiro/2008 Sabrexo

Este vídeo dos deputados do PP e PSOE abandonando o Congreso cando se ía falar de Galiza dío todo:

http://es.youtube.com/watch?v=...

remexendo #5 15/Xaneiro/2008 remexendo

Tamén van centralo na PRIVATIZACIÓN DE ASTANO e en duplica-la capacidade de Reganosa para por en máis perigo @s cidad@ns de Ferrolterra coa entrada dun número maior de gaseiros, o que lles volverá a pasar factura como xa o fixo nas municipais. No enchufismo das galescolas, na privatización dos servizos sociais, para Caixa Galicia e Caixa Nova, no enchufismo no consorcio de Servizos Sociais ( Castrillo, Pilar Candocia, Antón Tenreiro), no enchufismo nas Deputacións da Coruña e Lugo etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: