Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
mentres a celulosa comeza a construír en Uruguai

O alcalde das Pontes teima en levar Ence para o seu concello

A Valentín González o municipio que goberna parécelle o ideal para acoller a celulosa, pola dispoñibilidade de auga e pola proximidade co porto de Ferrol.

Redacción - 16:50 15/01/2008
Unha imaxe de Ence, botando fume na ría de Pontevedra / Flickr: surfercosmovision

Unha imaxe de Ence, botando fume na ría de Pontevedra / Flickr: surfercosmovision

A semana pasada Touriño aseguraba que estaba preto a resolución do conflito co próximo emprazamento da celulosa Ence, que, aínda así, ten concesión para permanecer na súa actual situación, a ría de Pontevedra, até 2018.

Aínda que nunca se falou dun sitio concreto para acoller a celulosa, hai tres meses o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez (PSdeG) aseguraba que o novo emprazamento da fábrica debería contar con auga en abundancia, estar preto dun porto comercial, contar cunha infraestrutura importante que garanta o subministro eléctrico e ter o apoio político local.

As pistas de Vázquez apuntaban ás Pontes, ou así llo pareceu ao alcalde, Valentín González (PSdeG), quen asegurou esta segunda feira que o concello que el dirixe é "perfecto" para resituar a planta de celulosa, xa que conta con todas estas características e "co apoio da cidadanía". De feito González salientou que o seu municipio (no que existe dende hai medio século o meirande complexo industrial do Estado), os veciños "queren esta instalación" porque "dá de comer e pola vocación industrial que ten a comarca".

Mentres, Ence pon os primeiros ladrillos en Uruguai
A empresa comezou esta segunda feira a construír a súa nova papeleira no suroeste de Uruguai, en Punta Pereira, (Colonia).

Nun comezo a planta íase instalar na localidade de Fray Ventos, na marxe oriental do río Uruguai, que serve de fronteira natural con Arxentina, mais debido ás protestas de varias organizacións medioambientais e evitando o posíbel enfrontamento co país veciño, os responsábeis da empresa decidiron reinstalar a celulosa noutro lugar. Naquel mesmo sitio ficou, pola contra, a finlandesa Botnia, que foi denunciada a finais de novembro, pola poboación de Fray Ventos, e pola que Arxentina chegou ao Tribunal da Haia para protestar contra o goberno uruguaio.

A nova planta de Ence vai ser a máis grande de Uruguai e vai empregar unhas 50 mil persoas na súa construción. Unha vez en funcionamento vai producir un millón de toneladas de pasta de celulosa ao ano.

As únicas organizacións que poderían protestar contra ela, segundo o goberno uruguaio, son os ecoloxistas, posto que o conflito con Arxentina está salvado coa nova situación da celulosa.


1/5 (3 votos)


Comentarios (5)

arinspunk #1 15/Xaneiro/2008 arinspunk

mi ma!

trapalleiro #2 16/Xaneiro/2008 trapalleiro

Non saben o que din, van a cheirar a merda as pontes e xa veremos as repercusións na saude..

condedecotobade #3 16/Xaneiro/2008 condedecotobade

Contodo, a foto de vieiros é un pouco tendenciosa: "Ence botando fume na ría de Pontevedra!!!" Non serei eu quen defenda a ENCE pero iso que se ve na foto penso que é vapor de auga (a non ser que fose nun incendio, claro).

ecoe #4 16/Xaneiro/2008 ecoe

O que o alcalde do bloque das Pontes levaría tamén para os seus viciños serían moitísimos problemas de toda orde.

Mafia, merca da población para poder calar o deterioro do entorno da fábrica (merca de uns contra opsición de outros) ou sexa división veciñal.(Campañas gratuítas de camisetas para equipas de deportes, concesións de subvencións para festas, etc.)

Gravísimos problemas de Saúde para a maioría circundante: furanos (axentes canceríxenos), fedor insuportable a 20 km. á redonda e dependendo dos ventos (persistentes para as zonas do vento dominante); unha nube permanente de smog (pestilente e dañino) erguéndose ó ceu.

Contaminación das áugas usadas e non só a atmosférica con metais pesados (si leva asociada a fabricación obsoleta de cloro por electrolise)...

Interferencia constante da estrada con camións en contínua ida e volta (problemas autónomos-empresas transporte)

Protección absoluta dos poderes públicos do €$tado fronte ás reclamacións de calquera tipo, mesmo xudicialmente só se proba cas análises oficiais, que fai delito ecolóxico continuado, mais non vai máis alá (tamén xudicialmente incólumes)...

QUE A PIDA, mais as xentes qsue espabilen xa, pois leva tempo no anuncio. Logo os feitos xa non teñen marcha atrás!

fouze #5 25/Xaneiro/2008 fouze

"O que o alcalde do bloque das Pontes levaría tamén para os seus viciños serían moitísimos problemas de toda orde."


O atual alcalde nom é do Bloco senom do Psoe.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Protesta contra as papeleiras, na fronteira entre Arxentina e Uruguai / Flickr: pablodf
Protesta contra as papeleiras, na fronteira entre Arxentina e Uruguai / Flickr: pablodf
Planta de Botnia, situada na fronteira con Arxentina, onde estaba pensado que se construíse a celulosa de Ence
Planta de Botnia, situada na fronteira con Arxentina, onde estaba pensado que se construíse a celulosa de Ence