Instituto Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía e a alta velocidade Vigo-Porto, os temas galegos que irán na axenda.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acudirá ao XXIII Cumio Ibérico que se celebrará na localidade portuguesa de Braga os próximos días 18 e 19 deste mes. A Xunta confirmou que na delegación galega estarán tamén as conselleiras de Educación e Política Territorial, Laura Sánchez Piñón e María Xosé Caride. Ademais, irá tamén o secretario xeral de Relacións Exteriores, Xulio César Fernández Mato.
No que lle toca á eurorrexión, o encontro servirá para poñer "a primeira pedra" do Instituto Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, un proxecto no que terá especial relevancia Galiza, xa que está previsto que o centro conte con profesorado das universidades galegas e portuguesas. Precisamente, o desenvolvemento deste proxecto de colaboración será un dos asuntos que trate no encontro bilateral a conselleira de Educación, quen tamén ten previsto estudar cos responsábeis portugueses na materia outras cuestións de cooperación, como o estabelecemento de posgraos conxuntos entre universidades de Galiza e Portugal.
Pola súa banda, a conselleira de Política Territorial afrontará asuntos relacionados coas infraestruturas transfronteirizas entre Galiza e Portugal, nas que destaca a futura alta velocidade ferroviaria que conectará Vigo e Porto.
E porque não leva Touriño o assunto das TVs portuguesas na Galiza, à cimeira de Braga? Seria uma oportunidade histórica, depois das recentes mostras de boa-vontade quer por parte do Governo de Espanha (declaração de ZP nas cortes), quer do Governo de Portugal (declaração do ministro dos assuntos parlamentares e comunicação social Augusto Santos Silva) e mesmo da Xunta da Galiza. Não será a altura ideal de tirar este assunto do armário e de o colocar em cima da mesa?
Mais un outro desprezo cara o bng e á Consellaria de Industria: a q lle ten medo o Torito? a non saír elixido o mellor da xunta no Xornal.com?
Curioso que "Espanha" e "portuGal" celebrem a sua cimeira na capital historica do Reino da Galiza, a mais antiga das "nossas" capitais...Jaora que entanto Galiza nom desperte a nossa Historia nom existe