O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias critica que o anteproxecto da Lei de Servizos Sociais fixe criterios nese sentido.
"Estaríase a cometer unha grave inxerencia na autonomía municipal, por canto sen consultar aos concellos sobre a cantidade necesaria, desde outra institución estanse a determinar os orzamentos municipais, cando deben ser elaborados en liberdade polos propios municipios, fixando as prioridades que a cada un deles lle parezan máis oportunas". Deste xeito analizaba o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, a indicación que o anteproxecto recolle ao respecto do financiamento dos servizos sociais.
Así, e segundo o texto presentado este martes, os concellos deberán destinar a este apartado unhas porcentaxes mínimas, en relación a criterios de poboación e de asociación. No caso dos municipios de máis 20 mil habitantes sería do 7% dos presupostos anuais, e nos de menos o 4% se deciden asociarse, e o 6% se non o fan. Fernández recordou que "na lei do 93" xa se estabeleceran porcentaxes deste tipo sen consultar cos municipios. "Despois da sinatura do Pacto Local considerábamos esta etapa", queixouse. "Esperamos que esta cuestión será corrixida de inmediato", pediu.
E logo os concellos consultan coa cidadanía a porcentaxe dos orzamentos que van destinar ao benestar social? A PSOE e PP non lles interesa nada a creación dunha rede pública de servizos sociais como a que está a pór en marcha a Vicepresidencia.
A Fegamp (preside Crespo de Lalin e domina PP?) igoal quere que a situación se manteña igoal ou empeore: xa se sabe, como din por ahí, "a pior ghracias a diós".
O caso é que o €$tado €$pañol asegún o €uro$tat, nun Informe sobre a Protección Social na U€, de mediados do ano pasado, destina o 20% DO PIB A GASTO SOCIAL, por baixo desde logo da media comunitaria (27,3%).
Só Irlanda emprega menos recursos e quenes están POR BAIXO NA RENDA PER CÁPITA (Grecia e Portugal), utilizan case un 25% e un 26& respectivamente.
Mais válense de que os datos non se saiban nin aparezan relacionados canda as noticias. Por eso lles vai tan ben ós políticos.