Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Encarna Otero, directora xeral de Vivenda

"Eu tamén abortei"

En solidariedade coas mulleres acosadas por presunto aborto fóra dos supostos que recolle a actual lexislación, presentará escrito de autoinculpación no xulgado. Ao tempo convida as mulleres do país a asinaren no mesmo sentido.

Redacción - 18:10 16/01/2008

Velaquí o texto asinado por Encarna Otero:

"Eu tamén abortei

De novo as mulleres volven a estar ameazadas na súa vida, nos seus dereitos, na súa privacidade; simplemente porque se acolleron aos supostos de aborto que contempla a normativa existentes neste momento, por esta persecución e este dano, nalgúns casos xa irreparable cómpre pois con urxencia manifestar que todas as mulleres neste momento no ámbito do Estado Español están ameazadas por non existir unha lexislación que garanta o dereito ao aborto, e que este dereito se poida exercer coa cobertura do sistema sanitario público con plenas garantías de privacidade e seguridade para as mulleres

Esta lei ten que aprobarse no inicio da nova lexislatura polas Cortes do Estado que son as que teñen competencia para facelo; non se pode demorar por máis tempo esta medida lexislativa.

Máis agora xa cómpre que se paralice de inmediato a persecución, é dicir, as citacións ás mulleres que no seu día se acolleron a un dos supostos do dereito a abortar.

Cómpre tamén garantir o funcionamento ordinario das clínicas que prestan este servizo ás mulleres que se acollen aos supostos existentes.

É preciso tamén iniciar unha investigación de cómo e porqué se puido ter acceso a historias clínicas que son secretas.

Namentras estas medidas inmediatas non se executen por vía de urxencia e a nova lei non estea aprobada e promulgada, todas as mulleres que cremos nos nosos dereitos e eu a primeira debemos autoinculparnos como responsables dun delito por exercer o dereito ao aborto en silencio, en privado.

Polo tanto, eu, Encarna Otero Cepeda, directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, e militante do BNG, declaro que abortei de xeito ilegal"


Asina aquí


Poden vostedes adherirse ao texto de Encarna Otero cubrindo o formulario seguinte. (Logo de premer en "Asina" os datos non aparecerán automaticamente. A lista será actualizada ao cabo do día)








Adhírense ao escrito:
  • Olga Castro, Vigo
  • Lara Rozados Lorenzo, Santiago de Compostela
  • Ana Belén Martínez Delgado, Sada
  • Luísa Méndez Covelo, A Coruña
  • Tania Vila Diaz, Santiago de Compostela
  • Filipa Jorge Alves, Portugal
  • Camilo Vila García, Boado
  • Ana Isabel Martínez Fernández, A Coruña
  • Concepción Fernández Andrade, A Coruña
  • Xosé Daniel Ugarte Otero, Bruxelas
  • Anxos Paz Garcia, Compostela
  • María Vega García, A Coruña
  • Esther García Lueiro, Compostela
  • Ana Fungueiriño Carneiro, Santiago de Compostela
  • Rosa María Castro Vázquez, Pontevedra
  • Andrea Gago, Toledo
  • Rosa Fernández Rojo, Ribadavia
  • Verónica Martinez Delgado, Ferrol
  • Goretti Sanmartín Rei, Santiago de Compostela
  • Pilar Viqueira Miranda, Santiago de Compostela
  • Constantino Prego Paz, Santiago de Compostela
  • Helena Bermúdez Sabel, Compostela
  • Diego Quintairos Rodriguez, Porto Alto
  • Antía Rodríguez García, Compostela
  • Teresa Moure, Compostela
  • Sole Rei Fernández, Compostela
  • Antía Otero, A Estrada
  • Pilar Gonzalez Agreu, Vigo
  • Xiana Arias Rego,, Compostela
  • Carmen Vázquez Vázquez, Pontevedra
  • Pilar Neira Brochs, Viveiro
  • Sandra Varela, Santiago de Compostela
  • Mercedes Rodríguez Bolaño, A Coruña
  • Manuel Pacior Pérez, Lugo
  • Eladio Bulnes Jiménez, Cáceres
  • Laura Moreiras Chaves, Santiago de Compostela
  • Xosé Antón Barreiro Pereira, Santiago de Compostela
  • Iván Roca Cruz, A Corunha
  • Isabel Vaquero Quintela, Ames
  • Maria do Mar Pérez Fra, Lugo
  • Xoán Allegue, Ribadumia
  • Marta López López, Santiago de Compostela
  • Laura Pérez Durán, Vigo
  • Carlos Ríos Regueira, Pontevedra
  • María Teresa Martínez Antón, Asturias
  • Olalla Alvite del Río, Bertamiráns (Ames)
  • Maruxa Phillipsen Pereira, Vigo
  • Xoán Francisco López Pérez, Ferrol
  • Marga Romero Lorenzo do Val, Tui
  • Xurxo Martínez González, Coia, Vigo
  • Xurxo Paz López, Boiro
  • Olaia Ledo Díaz, Santiago de Compostela
  • Ignacio Iglesias Villar, Teo
  • Victoria Rei Mariño, Dodro
  • Paula Fernández González, Cangas do Morrazo
  • Luisa González Rodríguez, Ribadeo
  • Mónica Barcia, Ribadeo
  • Pura Ferreño Saia, Coirós
  • Lidia Senra Rodriguez, Vedra
  • Ana María Rubiero da Pena, Lugo
  • Silvana Martínez Rodríguez, Vigo
  • Rebeca Carballo Coello, Santiago de Compostela
  • Beatriz Máyer Lorenzo, Vigo
  • Miguel Rodrigues Penas, Compostela
  • Montserrat Valcárcel Armesto, Lugo
  • Verónica Ruipérez Álvarez, Santiago de Compostela
  • Xosé Anxo Cruz Mahía, A Coruña
  • Merche Penoucos Castiñeiras, Santiago de Compostela
  • Silvia Rodríguez Lago, Vigo
  • Maria Miramontes, Castro
  • Cristina Pampillón Diéguez, Mos
  • Goretti Carrera Crespo, Porriño
  • Rosario Fernández Velho, Ordes
  • Marga Tojo González, Santiago de Compostela
  • Lorena Cambón Cancela, Santa Comba
  • Gloria Rivas Lis, A Coruña
  • Mª do Carme Freire Cruces, Rois
  • Nicolasa Castro Monteiro, Pontedeume
  • Mª Hortensia (Tensi) Álvarez Folgar, Culleredo (A Coruña)
  • Tensi Vázquez, Val do Dubra
  • Pilar Paz Rodríguez, Compostela
  • Eliana Martíns, Boqueixón
  • Mª Teresa Santamonica Fernandez, Brion
  • Uxía Garrido Filgueira, Lugo
  • Xabier Pérez Igrexas, Vigo
  • Francisco Xosé Candia Durán, Lugo
  • Ana Isabel Crespo Pardo, Compostela
  • Cristina Viña Pérez, Compostela
  • Rosa Reboreda Bouza, Mondariz
  • Miguel Anxo Mendez Lopez, Vedra
  • Anuncio Moroño Noia, A Coruña
  • Celsa Arenas Montes, A Coruña
  • Xose Antón Louzao Lopez, Monterroso Lugo
  • Luís Gonzáles Blasco, Eira-Pedrinha, Bugalhido-Ames
  • Mónica Amado Branco, Barreiros
  • Ana Valcarcel Vizcaino, Vigo
  • Rosa Maria Bugallo Vecino, A Estrada
  • Carmen Caneda Rendo, Ames
  • Margarita Macía Rivas, Compostela
  • Luis Vaquero Quintela, Vigo
  • Victoria Louro Ferreiro, Carral
  • Lara Dopazo Ruibal, Bilbao
  • Alsira Sabel Otero, Santiago de Compostela
  • Mª Jesús Lois Navaza, Ferrol
  • Mónica Amado Branco, Barreiros
  • Auria Rodríguez Gómez, Ourense
  • Carmen Vidal, Santiago de Compostela
  • Isabel Vilalba Seivane, Lourenzá
  • Isabel Rodríguez López, Compostela
  • Ana María Ares Álvarez, Ames
  • Lois Méndez Pérez, Ares-Ferrol
  • Olga Pérez Leirós, Mos
  • Merche Penoucos Castiñeiras, Santiago de Compostela
  • Eva Cividanes Portela, Orihuela (Alacant)
  • Luis Iglesias Otero, Santiago de Compostela
  • Rosa Maria Bugallo Vecino, A Estrada
  • Marta Núñez Martínez-Corbalán, Santiago de Compostela
  • Eva López Soto, Brión
  • Toña Callón, Santiago de Compostela
  • Tatiana López Domínguez, Allariz (Ourense)
  • Esperanza Castelo Gómez, A Coruña
  • Xosé Mª Iparraguirre Gómez, A Coruña
  • Liana Ramos Guallart, Santiago de Compostela
  • Miguel Louzao Outeiro, Compostela
  • Agueda Gómez Suárez, Santiago de Compostela
  • Ana Pérez Cardoso, Allariz
  • Marta Pazo Maside, Compostela
  • Carla Figueiras Catoira, Catoira
  • Agustín Agra Barreiro, Santiago de Compostela
  • Marta Lopez Osorio, Santiago de Compostela
  • Marta Rodríguez Pérez, A Coruña
  • Daniel Espiñeira Cupeiro, A Coruña
  • Xosé Lois García, Barcelona
  • Gema Solís Díaz, Santiago de Compostela
  • Cristina Santos Díaz, Ponteceso
  • Francisco Manrique González Rodríguez, Santiago de Compostela
  • Antía Sobrino Bernaldo de Quirós, Ourense
  • Alba López, Ourense
  • Mª Soledad Fuentes Vázquez, A Coruña
  • Beatriz Rodríguez, Ourense
  • Sofia Agrafojo Rey, A Coruña
  • Xilberte Manso de la Torre, Panxón, Nigrán
  • José A. Mourin González, Ourense
  • Mercedes Macía Viñas, Ourense
  • Carla Lillo Bouza, Mondariz Balneario
  • Antonia Barro Cociña, Santiago de Compostela
  • Concha Fernández Fernández, Santiago deCompostela
  • Roberto López Castro, Caldas de Reis
  • Carla Rodal, A Coruña
  • Ana Luisa Bouza Santiago, A Coruña
  • Miriam Gil, Lalin
  • Beatriz Portas Iglesias, Bruselas. Natural de Lalìn
  • Isabel Vázquez Rodríguez, Ourense
  • Visitación González Sangregorio, Santiago
  • Carolina Lodeiro Malde, Compostela
  • María García, Vigo
  • Héctor Otero López, Lugo
  • Miriam Vázquez Portas, Lalín
  • Paula Juiz Lopez, Ourense
  • Andrea Sieiro Paz, Ourense
  • Iria Rodríguez Pérez, Cartelle - Ourense
  • Sandra Carballeira Pernas
  • Sandra Carballeira Pernas, As Pontes de García Rodríguez
  • María Nieves Fernández Dobarro, Ourense
  • Adonis Iglesias Darriba, Mexico D.F.
  • Carla Figueiras Catoira, Catoira
  • Beatriz Mauri Martinez, A Guarda
  • Amaya Ramos Arribi, A Coruña
  • Marta Pazo Maside, Compostela
  • Roberto Pardal Coca, Brión
  • Rocío Rodríguez García, Santiago de Compostela
  • Uxía Sanmartín González, Compostela
  • Noa Díaz Novo, Compostela
  • Maria Purificacion Lopez Fernandez, Lugo
  • Marcos Sanmartin Rodríguez, Sarria
  • Ana Vázquez Pérez
  • Virginia Martínez Dopico, Pontedeume
  • Neves Soutelo, Compostela
  • Miguel Anxo Alvarellos García, Santiago de Compostela
  • Raquel Iglesias Araújo, Ourense
  • Manuel Rivas Alvarez, Sarria
  • Cristina Grandio, Santiago de Compostela
  • Mª Esther Salgado Míguez, Santiago
  • Natividade Juncal Portas, Santigo de Compostela
  • Rafael Pérez de Lis Nieto, Vigo
  • Margarida Prieto Ledo, Vilalba
  • Ana Valverde Chorén, Leioa, Bilbao
  • Faia Díaz Novo, Santiago de Compostela
  • Gabriel Muñiz Alonso, Compostela
  • Noa Fernández Pazo, Compostela
  • Tatiana López Domínguez, Allariz
  • Sonia López Sánchez, Cacheiras- Teo
  • Rebeca Torres Graña, Madrid
  • Francesca Carbonell Argibay, Vigo
  • Zaira Cabanelas Da Cunha, Vigo
  • Sandra Fernandez Vidal, Portugal
  • Mª Jesús Olivares Rodríguez, Ferrol
  • Marta da Cunha Domíngez, Ourense
  • Xan Carlos Ansia, Milladoiro-Ames
  • Alejandra Comesaña Otero, Vigo


4,36/5 (33 votos)


Comentarios (28)

redaccion #1 16/Xaneiro/2008 redaccion

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

pelusinha #2 16/Xaneiro/2008 pelusinha

É moi triste que isto siga a pasar,e non é un feito puntual coma iste, é tódo-los días en case tódo-los ámbitos. Temos que darnos conta de que o noso corpo é noso, que a nosa vida é nosa, e de que so nós temos o dereito a decidir, nin leis nin partidos nin entorno de calquera clase, e loitar por iso cada día, unha firma pode facer algo, pero o traballo diario pode cambiar moitas cousas...
ten que pasar isto para que se den conta?

gallardonix #3 16/Xaneiro/2008 gallardonix

parabéns a Encarna, outra vez dando exemplo de valentía política e compromiso social

ranciadas #4 16/Xaneiro/2008 ranciadas

Neste aspecto disinto completamente do que opina Encarna, e mesmo aplaudo a reacción do PSOE. Eu son contrario ao aborto pero tampouco metería na cadea a ningunha muller por practicalo, pero con baixa natalidade, o parecer de que o home nada máis que é un depósito de esperma que non ten nada que dicir no asunto, as imaxes vergoñentas das clínicas privadas de Catalunya, o aborto dalgunhas mulleres de catro e seis veces. Para iso ten que existir unha boa rede de información sexual, din que os novos teñen a maior información sexual e é falso, si se tivesen medios anticonceptivos non sería necesario para nada o aborto, e os supostos psicolóxicos en moitas clínicas privadas son un coadeiro. Se algunha muller non quere ter o fillo, hoxe en día coa epidural non hai apenas dor, pode dalo en adopción que hai moita xente que o querería. Eu crieime nunha familia numerosa e con moitos atrancos, pero o neno que viña era unha bendición para a casa e sigo opinando o mesmo.
Que hai que regular as cousas e dar dereitos si, pero con sentidiño e neste momento non se está a facer. Nisto estou co PSOE.

condedecotobade #5 16/Xaneiro/2008 condedecotobade

"Temos que darnos conta de que o noso corpo é noso, que a nosa vida é nosa, e de que so nós temos o dereito a decidir, nin leis nin partidos nin entorno de calquera clase, e loitar por iso cada día".
Exactamente, neste tema a muller debe ser libre de decidir o que quere facer e a sociedade civil debe garantir que calquera decisión que tome se faga nunhas boas condicións de seguridade, sexa parir, abortar ou dar o neno/a en adopción.
O demáis parécenme cousas que no mellor dos casos non teñen importancia.
Iso das mulleres que abortan catro e seis veces parece que quere transmitir que as mulleres abortan alegremente cando imaxino que será no 99.9 dos casos unha situación ben dura para elas. Igual que o de dar nenos en adopción por certo, que o pos como se fose algo sinxelo. Se na túa familia un neno era unha bendición pois xenial, pero non en todas as familias ten que ser así

Gaviotero #6 16/Xaneiro/2008 Gaviotero

La Federación de Planificación Familiar Estatal, una organización pro-abortista, ha iniciado una CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS PARA EXIGIR LA PROTECCION INMEDIATA Y LA DEFENSA DE LOS DERECHOS INDIVIDUALES DE LAS PERSONAS, EN PARTICULAR DE LOS DERECHOS SEXUALES Y REPRODUCTIVOS QUE COMO CIUDADANOS Y CIUDANAS [sic] NOS CORRESPONDEN. En el texto para el que se nos pide la firma puede leerse lo siguiente (punto 7):

"Por último, reivindicamos y exigimos, una vez más, el Derecho al Aborto libre y gratuito, considerado un Derecho Humano desde 1994 en la Conferencia Internacional sobre la Población y Desarrollo celebrada en El Cairo (Egipto). Recordamos que los acuerdos de esta Conferencia se firmaron por el Gobierno del Estado Español, entre 187 países más, pero continúan sin cumplirse."

Me van a permitir que les aclare algunas cosas:

1. El Derecho al aborto libre y gratuito no es un Derecho Humano. No es ni siquiera un Derecho.

2. La Conferencia Internacional sobre la Población y Desarrollo, celebrada en El Cairo (Egipto) el 4 de septiembre de 1994, fue una reunión de parlamentarios, no de gobiernos.

3. El texto de los acuerdos de tal conferencia, no citado en modo alguno en el documento que se nos presenta a la firma, y que puede leerse aquí (http://www.un.org/popin/icpd/c..., no se refiere en ningún momento al mencionado Derecho al aborto libre y gratuito. Es una invención de los Federados. Una miserable invención.

4. De hecho, el único punto de la declaración en el que se menciona el aborto es el sexto:

"We acknowledge the fact that abortions constitute a major public health concern for women all over the world. Since the use of family planning methods may prevent the prevalence of unplanned pregnancies, we call upon all national Governments to REDUCE THE NEED FOR ABORTION by providing universal access to family planning information and services."

Es todo. No hay más. Saquen sus propias conclusiones sobre esta Federación de Timadores (y Timadoras).

A ver si los señores de Vieiros también censuran este comentario, demostrando un comportamiento propio de la dictadura, pues en mi primer comentario no había insulto alguno (por eso los eliminan, sin más).

arinspunk #7 17/Xaneiro/2008 arinspunk

fffffff. Q cansino o Gaviotero...

Xiurisma #8 17/Xaneiro/2008 Xiurisma

de gaviotero (podería ser de calquera outro/a), le0:
"de Timadores (y Timadoras)". Que curioso que nalgunhas circunstancias as mulleres estean/esteamos incluídos/as no masculino presuntamente xenérico, mais noutras parece que este masculino xenérico non é tan xenérico como semella ser... ou se non, que necesidade de puntualizar "(y Timadoras)"?

Maeloc-do-Rouco #9 17/Xaneiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero, nom confundas a tua opiniom legitima co que e a legislacom dum estado de direito, no que ha que olhar pra a saude do feto, da mai e moitisimas outras cousas que, mais umha vez, no teu simplismo dogmatico deixas passar...Cal e o teu interesse?? Escrever as palavras " ditadura", "totalitario", "timadores", etc como gosta sempre de fazer independentemente doutros "contidos" ou achegar algo a um debate que ninguem acha doado nem moito menos pode "despachar" com insultante simplismo quem se pode permitir viver completamente alheio a este serio asunto e debate moral.

spider #10 17/Xaneiro/2008 spider

Referido o autor dunha mensaxe que foi eliminada... algo debeu figurar nesa mensaxe que sen ningún xénero de dúbidas fose un insulto gratuíto. Tendo en conta que o autor referido normalmente nunha alta porcentaxe de mensaxes dedícase a insultar a moitos lectores cun 'sutil' troco de letras (c por z). Non creo eu que a redacción de vieiros estea a eliminar mensaxes alegremente, amais cando os elimina sempre fai referencia. Se non lle gusta a peneira que fai Vieiros, vaia embora.

arinspunk #11 17/Xaneiro/2008 arinspunk

fffffff. Q cansino o Gaviotero...

fervenza #12 17/Xaneiro/2008 fervenza

As mulleres que abortan teñen que facelo nunhas condicións sanitarias axeitadas. Antes do 85 as mulleres que precisaban abortar facíano de xeito clandestino, as que podían ían a Londres, país desenvolvido onde nunca se plantexaron os dilemas da católica España-Galiza. As que non, ían a Portugal ou abortaban en España ás agachadas...moitas morrían ou quedaban estériles pra a vida, como non se a intervención a facía ó millor unha parteira cun coitelo sen desinfectar...
Vou contar un caso real, que me chegou de cando aínda non morrera Franco. Unha rapaza que daquela ten 24 anos, xa ten 4 fillos, o home bebe e xoga, non ten cartos, queda en estado do 5º. Vai a Portugal a abortar de xeito clandestino. A parteira dille: cando chegues a Espanha vai ó hospital e dis que caiches pola escaleira (por se acaso). A rapaza ten medo (o aborto é delicto), fica na casa. Ó cabo de 2 ou 3 semanas ponse pra morrer, lévana ó hospital, ten os órganos podres por dentro da desfeita que lle fixeron, deixanlle de funciona-los riles. O máis impresionante, indignante e triste e que mentres ela loita entre a vida e a morte hai 2 gardas civís á porta da súa habitación (lembramos que o aborto daquela era delicto), supoño que pra que non escapara. Tivo sorte e salvárona. Logo foi á cadea, aínda vive, mais nunca voltou a estar ben. Cando alguén me di que ten dúbidas sobre se o aborto ten que ser legal ou non, eu lémbrome desta historia dramática. Queredes iso os que estades en contra do aborto? queredes que morran as mulleres por abortar clandestinamente con todo o risco que iso conleva?, ó millor si...pensaredes qeu é o seu castigo, non si?

papuxa70 #13 17/Xaneiro/2008 papuxa70

Aborto livre xa que cada muller que faga o que lle pete co seu corpo,nom ás imposicións da extrema dereita nacional-católicista sobor do resto.

ranciadas #14 17/Xaneiro/2008 ranciadas

Fervenza coma sempre coa demagoxia barata, eu podo poñerte casos completamente contrarios, xa cansa iso de "e eu recordo aquela historia...", muller, por favor. Igual que ti defendes esa posición, pensa que os demais podemos opinar de xeito contrario e non pasa nada. Tes tan mala idea de coidar que a xente por estar en contra do aborto xa pensa que morran as mulleres. Que argumento tan sólido!!
Eu non son católico, críaronme nesa relixión, pero non creo nela e como me considero independente para moitos temas, neste penso o que me di a miña ética e iso é tan lexítimo coma o que pensas ti. Pero para iso xa estamos impregnados de ideoloxías feminazis (que non feministas) que o único que parecen primar é que o home ten que estar pedindo desculpas de ser home desde que nace. Podes lerte varios libros de feministas históricas estadounidenses e marxistas o que opinan sobre estes temas e como van na miña liña ideolóxica.
Na lexislación actuial hai tres supostos e nada máis, quen os imcumpra xa sabe, que pida unha modificación electoralmente, pero tendo en contra o PSOE e o PP véxoo moi difícil.

Tarelo #15 17/Xaneiro/2008 Tarelo

Non quero deixar pasar a ocasión de manifestar a miña opinión sobre o aborto fora da lei. Quero decir que estou a favor do aborto nos casos que recolle a lei, violación, malformación e sobre todo perigo para a vida da nai, etc, pero escandalizame leer nos xornais que o 30 % das mulleres que abortan son reincidentes, escandalizame escoitar na radio que hai rapazas que fin de semana, tras fin de semana, piden a pildora do día despois. Aborto SI pero tamén cabeza. Creo que a Igrexa se pasa, pero hai abortistas que tamén se pasan da raia, algo de razón levan os/as antia baortistas e algo de razón levan os/as proabortistas. Estou a favor do control das clínicas, estou a favor do control de cada una dos abortos, igual que estou a favor do control do tráfico ou a favor das inspeccións de traballo, etc , non estou contra o aborto, pero tan pouco se pode un/unha cachondear e aproveitar do sistema, hai recursos, pero non é para abusar.

Xgz #16 17/Xaneiro/2008 Xgz

Ranciadas di que neste tema pensa o que lle di a súa etica, eu coa mesma lóxica penso que todo o mundo debe actuar segundo a súa ética. Isto é as que queiran abortar que aborten as que non que non.
A gran diferencia é que os que estamos a prol da DESPENALIZACIÓN do aborto non obrigamos a ninguén a abortar, os que se posicionan en contra si obrigan a outros a non abortar.
Sobre se os homes deben ter algo que dicir ao respecto, creo que cada parella debe ser a que poña as normas.

Xgz #17 17/Xaneiro/2008 Xgz

Acerca do comentario de Tarelo, dicir que a min tamén me escandalizan todos eses datos. Pero non creo que culpa sexa da despenalización do aborto (de feito danse sin estar este despenalizado), nin que esta vaia supor que se incrementen esas cifras, senón da falta información sexual de calidade, motivada entre outras cousas, porque aínda supón un tabú falar desas cuestións.
Precisamente, eu diría que aqueles sectores que mais se opoñen a despenalización do aborto son os que mais contribuén a que o sexo siga sendo algo tabú .

fervenza #18 17/Xaneiro/2008 fervenza

Aborto libre e gratuito pra as mulleres xa!!! Lei de prazos, despenalización!, nosoutras parimos, nosoutras decidimos!!!

Barcelos #19 17/Xaneiro/2008 Barcelos

Hai momentos en que abortando evítaselle a outros seres humanos que teñan que aguantar a tipos monstruosos que adoptan nome de paxaro...

e non me estou referindo a ninguén en particular.

Barcelos #20 17/Xaneiro/2008 Barcelos

Independentemente de se o aborto ten que ser gratuíto, para min aínda hai unha serie de servizos médicos que non son gratuítos e terían prioridade.

Os implantes bucais, as ortodoncias, os empastes, a cirurxía plástica para repor a unha persoa que quede desfigurada por un accidente...

fervenza #21 17/Xaneiro/2008 fervenza

Ben se ve que sodes homes e que non vos interesan os temas das mulleres. Para ranciadas: non é demagoxia ningunha, tra-los fríos datos hai historias coma estas, milleiros delas. Se aínda fose obligatorio o servizo militar quen vería (eu vinos) ós homes que porque as mulleres non o fan etc protestando, cando metían na cadea ós insumisos, eu solidarizábame cos meus compañeiros, por que non se solidarizan eles coas mulleres? A ninguén se lle obriga a abortar, só se quere que as persoas que precisen facelo o fagan con medios axeitados e que se respecte a súa dignidade.

ranciadas #22 17/Xaneiro/2008 ranciadas

Tarelo explicouno moi ben, ao que se refire el é por onde vou eu. O problema non está no aborto senón na falta de cabeza e na gran desinformación sexual, e mira que xa estamos no século XXI. O das clínicas privadas é de escándalo e iso dise en "petit comité" cando todo o mundo o sabe, unha muller reincidente é falta de cabeza.
Fervenza, como home é un tema que me interesa, senón non me molestaría en escribir sobre el, confúndeste. Sobre o servizo militar non ten nin comparanza, cando ademais estás a falar cunha persoa que foi insumisa e obxector. Eu só me solidarizo coas causas que eu entendo como propias, esta non o é para min. vreo que non é difícil de entender.
Por certo nunca falas das falsas denuncias de maltrato e mira que hai historias, da lei de violencia de xénero, da cuestodia compartida, etc.
Para dicir, nós parimos, nós decidimos, hai que ter un pouco máis de cachola, porque iso que pares está feito por dous, non polo espírito santo. Se tes un bo sistema anticonceptivo ti e a túa parella non tes problema de "abortos". Podo asegurarcho.

Tavia #23 18/Xaneiro/2008 Tavia

Parabéns a Encarna, e apoio total a ela e a todas as que estam a denunciar esta longa noite de pedra, que quere voltar umha e mais outra vez.

Tino #24 18/Xaneiro/2008 Tino

E o PSOE di q non pensa modificar a lei do aborto!
Outra baixada de pantalóns frente a igrexa reaccionaria e fascista.

condedecotobade #25 18/Xaneiro/2008 condedecotobade

Dicir que un implante bucal ten prioridade sobre un aborto paréceme unha enorme barbaridade.
Mencionar as posíbeis falsas denuncias de maltrato cando todos os días hai casos de asasinatos e violencia doméstica (eu hoxe xa lin dous na prensa)paréceme un insulto. Ao igual que toda esta merda que se está a dicir da irresponsabilidade da xente que repite aborto ou píldoras do día despois (que pasa, que a vós nunca se vos rompeu un condón?).
Recordades a esta imbécil da prensa do corazón que dicía que ela non apoia aos toxicómanos porque se se drogan é porque queren e se reinciden no consumo é culpa súa. A verdade é que o de "ranciadas" vai ao pelo.

BonKarallan #26 18/Xaneiro/2008 BonKarallan

Síntoo, pero eu non.

Quero dicir que eu non abortei. A verdade é que nunca estiven embarazado.

Fóra chistes. Cada un pode facer co seu corpo o que queira, poida e permítaselle, se é posible, sen facer dano a ninguén.

A miña admiración por Encarna Otero. Xente seria e non como eu, que son un carallán.

Gaviotero #27 18/Xaneiro/2008 Gaviotero

En Vieiros se puede calificar a la iglesia de reaccionaria y fascista, pero no se puede decir "naci". Un ejemplo del sectarismo de Vieiros. Pues nada, nada...a entrevistar a Usabiaga, que es lo que os mola.

lunet #28 21/Xaneiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Encarna Otero
Encarna Otero
Campaña a favor do aborto no Brasil, da Marcha Mundial das Mulleres / Flickr: pont_des_arts
Campaña a favor do aborto no Brasil, da Marcha Mundial das Mulleres / Flickr: pont_des_arts
Da campaña pola legalización do aborto en Portugal / Flickr: laboratorio MD
Da campaña pola legalización do aborto en Portugal / Flickr: laboratorio MD