Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CRISE COMERCIAL NO CINEMA

Dous millóns de espectadores menos en Galiza dende o 2004

Os salas galegas perderon dende o 2004 máis da terceira parte dos seus espectadores, vendendo uns dous millóns de entradas menos.

Redacción - 13:05 16/01/2008

Menos salas, menos filmes exhibidos, aposta polo cinema comercial, elevados prezos das entradas, descargas na rede. Todos estes factores están a provocar nos últimos anos un descenso espectácular nas cifras de asistencia ás salas. En concreto, en Galiza, os cinemas perderon un 35% dos seus espectadores dende o 2004, máis de dous millóns de espectadores, pasando de case seis millóns de entradas vendidas a menos de catro millóns, segundo datos do ICAA.

A provincia da Coruña tivo ao longo de 2006 un total de 1.737.974 espectadores, case un millón menos ca en 2004 (2.632.220); Pontevedra rexistrou 1.452.107 (2.237.210 en 2004); finalmente, Lugo (335.461) e Ourense (271.783) acumularon descensos de algo menos de douscentos mil espectadores en cada caso. Tan só no último ano os cinemas de Galiza perderon 800 mil espectadores, descendendo dos catro millóns e medio do pasado ano. A fuga de espectadores máis importante rexistrouse na provincia da Coruña, con 400 mil espectadores menos.

A crise comercial das salas de cine coincide cun descenso do número de salas abertas (só na provincia da Coruña pecharon 12 entre 2006 e 2007), sobre todo nas vilas e concellos pequenos, e sobre todo no que se refire a salas propiedade de empresas independentes, fóra da esfera das grandes distribuidoras. Pola contra, nos últimos anos nas principais cidades do país abriron un bo número de multicines. Os datos tamén coinciden cun dominio case absoluto do cinema norteamericano, que acumula case o setenta por cento da recadación en todo o Estado Español (68%), mentres que o cinema producido en España fica no 13%, e o do resto dos países de Europa (encabezados polo Reino Unido) no 17%.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: