Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENQUISA

Os pallasos asustan os nenos

Investigadores británicos descubriron que os cativos non queren ese tipo de decoración nos hospitais porque lles dá medo.

Redacción - 09:45 20/01/2008
Detalle do cartaz do filme 'It'

Detalle do cartaz do filme 'It'

Un estudo da Universidade de Sheffield, no Reino Unido, chegou á conclusión de que os pallasos amedrentan os nenos. Os investigadores efectuaron unha enquisa entre 250 pacientes de entre 4 e 16 anos para determinar como se ían decorar os cuartos dos cativos no hospital da cidade.

Segundo publica a revista Nursing Standard e cita a axencia Reuters, todos os rapaces aos que se lles preguntou, mesmo os máis vellos, amosaron o seu desgusto polo uso de pallasos. Segundo Penny Curtis, do equipo de investigación, "os adultos facemos suposicións sobre o que lles gusta aos nenos, pero descubrimos que os pallasos son universalmente rexeitados polas crianzas. Algunhas atópanos arrepiantes".


4.25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: