Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Defende o actual investimento estatal

Galiza ingresaría un 60% menos cun modelo estatutario coma o catalán, segundo as contas de Touriño

O presidente da Xunta falou este mércores en Madrid contra "a pantasma do agravio comparativo".

Redacción / EP - 09:00 17/01/2008

"Os feitos son testans, e nos tres últimos anos Galicia recibe un 60% máis do que nos correspondería por aplicación do sistema catalán e un 30% máis que co criterio andaluz", subliñou Emilio Pérez Touriño durante a súa intervención nun almorzo informativo organizado por Europa Press.

O presidente da Xunta defendeu así o investimento estatal en Galiza, falando contra a "pantasma do agravio comparativo", e asegurando que ese investimento supera en 750 millóns de euros a cantidade que recibiría co sistema de financiamento catalán, en función do PIB, e en 450 millóns, se se aplicase o criterio andaluz de investimento por poboación, froito os dous das recentes reformas estatutarias que afrontaron en cadanseu caso.


Por outro lado, Touriño comentou os avances da economía galega para tratar de alcanzar a media estatal e indicou que nese camiño influiu a política do goberno español do PSOE. Argumentou así que o financiamento que logra Galiza do Estado é beneficioso para o país e cualificou de "imprescindíbel" que se manteña "o ritmo investidor do Estado". "Os euros invertidos por habitante están un 30% por enriba da media estatal", agregou.


3/5 (2 votos)


Comentarios (2)

maeloc_gz #1 17/Xaneiro/2008 maeloc_gz

Como bem dissera Francisco Rodrígues (que nom é santo da minha devociom, tudo seja dito) , resulta patêtica "a ideia de que

algúns, en concreto Galiza, vivimos grazas á caridade, á solidariedade do

Estado, outras veces España, e moitas Madrid, pois non somos capaces de

valernos por nós mesmos. Recibimos máis do que entregamos. Esta ficción

reforza a ideia da españolidade, tanto como nos desvaloriza e anula como

pobo con capacidade."

A patranha de que o estado espanhol financia às naçons é perversa e afortala o sentimento de dependência e de espanholidade. Face isto, som as naçons as que financian o Estado, a ver se nos inteiramos, aínda que seja este o encargado de administrar os impostos.

Quando Bóveda já teoriçava no seu día sobre a necessidade da soberanía fiscal e desmontava os falsos mitos da incapacidade financieira da Galiza, voltam os guardiáns das esências espanholas a recordarnos por acasso que "vivemos da esmola".

Propaganda da dependência, da espanholada ráncia e interessada e com interesse eleitoral... Já sem entrar nos motivos históricos do atrasso econômico da Galiza, em base fundamental à súa dependência e a umha lumpem-burguesía com interesses mui particulares...

Lembramos por acasso que Galiza nom tem soberanía fiscal e por tanto que nom recada seus própios impostos? Ou como umha percentagem importante de trabalhadores estám a cotiçar em empresas com sê em Madrid? Ou também como importantes multinacionais e empresas "galegas" tenhem o domicílio fiscal em Madrid, com a consequente perda da potencialidade impositiva?

Já no 2003, com um reparto muito máis inconsequente, Rodrigues facía a seguinte análise:

"A recadación tributaria do Estado (IRPF,

Sociedades, IVE, impostos especiais…) na Galiza foi, en 2003, último

dado disponíbel, 7.662,3 ME. O actual sistema de financiamento devolve a

Galiza o 33% do IRPF, o 35% do IVA e o 40% dos impostos especiais.

Con esta participación, correspóndenos 2.900,9 ME, que pasarían por ser

os ingresos tributarios galegos. Aparecemos como incapaces de xerar

recursos mesmo para facerlle frente ao gasto sanitario e ao gastos dos

servizos sociais, un total de 2.816,7 ME, que figuran como transferencia

do Estado, a “solidariedade” (Gasto en sanidade+fundo de suficiencia).

Galiza “depende” de España. Pero o certo é que o que semella que nos

´entregan` , un total de 5.717,6 ME, é moito menos que os 7.662,3 que

recadan, como vimos. Cantas mixtificacións e confusións non ficarían

destruídas de contarmos cunha Axencia Tributaria propria que recadase

todos os tributos na Galiza".

"Por certo, o

47.5% da recadación tributaria do Estado español atribúese a Madrid, que

só representa o 17.4% do PIB. Resulta que ser capital dun Estado

centralista ten moitas vantaxes, non só a localización dun importante

aparello administrativo-político, senón a localización das sedes de

importantes empresas, cuxos centros produtivos operan na Galiza ou no

resto do Estado. Xa vostés deducirán onde cotizan o IRPF, o IVE, o

Imposto de Sociedades… "

E umha última reflexom: aínda no suposto de que necessitassemos "esmola" (falsidade rotunda), o objectivo tería de ser a autosuficiência. Eis a perversa ideia da espanholidade: negar incluso as nossas possivilidade de subsistencia e potencialidade econômicas com o objectivo da submissom política.

Curuxa #2 17/Xaneiro/2008 Curuxa

Persoalmente: prefiro ser pobre á miña conta ca ser puta a conta de Madrid.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: