Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
HELLOWEEN EN LUGO

Heavy, heavy, heavy

A banda alemana actúa este xoves pola noite no recinto feiral de Lugo, acompañados de Gamma Ray e Axxis.

Redacción - 11:31 17/01/2008


O concerto comezará ás dez da noite, con prezos entre 22 e 26 euros. A actuación da mítica banda de heavy-metal Helloween, que no Estado só pasará por Madrid, Bilbao e Barcelona, forma parte do programa de Xoves con Arte do Concello de Lugo. A cita é no recinto feiral de Lugo, a partir das oito da tarde. Helloween estarán acompañados dos tamén alemáns Gamma Ray e Axxis, cos que xa compartiron escenario en máis dunha ocasión.

A Concelleira de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, salientou hai unhas semanas, cando presentou o concerto, que "será unha oportunidade única para que todos os amantes do heavy metal gocen con estes grupos que estarán na cidade non só para actuar, senón que pernoctarán en Lugo dando a oportunidade aos seus seguidores de coñecelos". Os membros de Helloween foron os que seleccionaron persoalmente a cidade de Lugo para ser un dos puntos xeográficos da súa xira en España, por ser unha das cidades con máis afección á música heavy.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Helloween, nun concerto en Brasil
Helloween, nun concerto en Brasil