Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XOVES, ÁS 19.30 HORAS

Cazolada anti-SGAE no Obradoiro

A SGAE celebra a 'V Noite dos autores' no Hostal dos Reis Católicos, e en marzo abrirá a súa sede galega.

Redacción - 13:22 17/01/2008
Tags: cazolada SGAE

O Komando Anti-SGAE/ Acción Cultura Libre convoca a protesta, prevista para as sete e media da tarde deste xoves. A cazolada, que terá lugar no Obradoiro, coincidirá coa 'V Noite dos Autores', organizada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores para premiar a un conxunto de empresas e institucións, como Inditex, IGAEM, o Concello de Compostela, a USC e a Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de España (FASYDE). A cerimonia celebrarase no Hostal dos Reis Católicos. Dende que se anunciou a inminencia da inauguración da sede en Galicia, o Komando Anti-SGAE vén realizando diversas accións de protesta contra a Sociedade Xeral de Autores.

A nova sede da SGAE en Galiza, ubicada na rúa Salvadas conformará unha rede coas sedes da Sociedade en Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Buenos Aires e México D.F. Prevese que se inaugure nas vindeiras semanas, sempre dentro do primeiro trimestre do ano.

A SGAE ofreceralle ao Concello de Santiago unha serie de días para que poida programar actividades e, así mesmo, prevé a organización de actos propios para os que se estabelecerá o cobro de entrada "a prezos simbólicos" e "de acordo co mercado". O delegado da SGAE en Galiza, Javier Vidal, aseguró que as instalacións estarán abertas aos asociados e artistas, pero tamén "ao público en xeral", xa que se quere convertir a sede da SGAE nun espazo de diálogo e de dinamización cultural, ademáis de ofrecer unha tenda --Tramart-- con diversos produtos culturais.


Ligazóns

3,88/5 (8 votos)


Comentarios (2)

Curuxa #1 17/Xaneiro/2008 Curuxa

EU ACUSO-ME de pagar o imposto revolucionario.
Acúsome de mercar no manta: para que vou pagar unha cara entrada no cinema se esculcar nun DVD pirata o contido do filme de moda saeme máis barato. Se val a pena, mercarei o orixinal ó prezo que poñen as catro compañías que dominan o mercado (¿para cando unha directiva ou sanción comunitaria da señora Nelly De-Kroes contra delas?.
Acúsome de pagar a cota a prezos reducidos para poder poñer coma música de fondo no meu restaurante discos de jazz ou de musica tradicional de colegas que nunca recebiron un peso da SGAE-MAFIA por os seus dereitos de autor.
Acúsome de ser unha roldaíña máis desta engranaxe mafiosa-atemorizadora á que nos fixeron chamar "libre mercado".

Tino #2 18/Xaneiro/2008 Tino

Eu tamén me kero declarar en contra de todo o q sexa pagar.
Quero todos os cartos para min, q para iso traballo.
Fóra todos os impostos e as leis q os amparan: NON KERO SUBVENCIONAR hospitais q nunca usarei, menciñas (se as necesito xa as pagarei), estradas polas q nunca pasarei.
Eu non teño fillos, así q NON TEÑO X Q PAGAR ESCOLAS nin universidades, e menos ainda investigadores nin investimentos en innovación (se algo innovador vale realmente xa se autofinancia), nin aos enfermos crónicos, nin as pensións dos vellos, nin xeriátricos nin centros de dia, nin infantários, nin aeroportos, forzas de seguridade, nen cavalgadas de reis q perpetuan monarquias e hierarquias eclesiásticas antidemocráticas.
Os creadores de cultura, calkera clase q sexa, q traballen e se deixen de reclamar dereitos: se a sua obra é boa xa cobrarán polos concertos, q os discos xa se encargan outros de venderllos kedando con todos os beneficios sen facer absolutmaente nada polo contido (pobriños, tamén teñen q comer).
KERO USAR O DE TODOS E Q NINGUÉN ME TOKE O MEU, a miña casa é miña e se poño un bar nela exixo usar as creacións de calkera (pintores, deseñadores, creadores de materiais novidosos anti-incendio por exemplo, a música, as creacións en video e películas) sen nengunha cortapisa, e exixo modifica-las á vontade PARA O MEU ÚNICO BENEFÍCIO E LUCRO PERSOAL.
E desde logo, non kero pargar por servizos como a luz, auga, telefono, cable, internet, nin os investimentos q fan falta para a sua instalacións: SON TODOS MAFIAS Q NOS KEREN SACAR OS CARTOS e non dan nada a cambio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: