O Vicevaledor do Pacientes será unha figura “independente” que elixirá o Parlamento.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mostrouse este xoves especialmente satisfeito da aprobación da Lei de Saúde de Galiza. Ao remate do Consello da Xunta, o presidente subliñou que a nova norma supón “un salto sen precedentes” xa que recolle un código de dereitos dos usuarios e crea instrumentos concretos para a participación da cidadanía no sistema.
Unha das principais novidades é que se crea o Vicevaledor do Paciente, unha figura “independente e de recoñecido prestixio” que será elixida no Parlamento e non, como até agora, pola Consellaría de Sanidade. Touriño sostén que a nova lei busca a “humanización da asistencia” e unha participación real da xente porque, segundo dixo, “a saúde non pode quedar só nas mans dos profesionais