Un decreto estatal que vai aprobar o Consello de Ministros permitirá que a eurorrexión teña personalidade legal de seu.
Pérez Touriño, esta quinta
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, anunciou esta quinta feira que o Consello de Ministros deste venres vai aprobar un decreto que posibilitará a creación da Agrupación de Cooperación Territorial entre Galiza e o Norte de Portugal, o que na práctica lle permitirá "dotar de personalidade xurídica a eurorrexión".
Na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Touriño explicou que Portugal aprobou recentemente un decreto similar, e amosouse convencido de que "con carácter inmediato" se creará a Agrupación, a primeira que se constitúe en toda Europa.
"Vai ser a dotación xurídica da vida da eurorrexión", destacou o xefe do Executivo, que tamén explicou que esta figura institucional vai permitir reforzar a xestión conxunta dos fondos europeos, así como a busca de fontes de financiamento distintas, funcionando "coma unha auténtica axencia".
Galiza atopa a Galiza...Boas Novas!
As leis da autonomía galega e as do estado portugués pónse dacordo coa etnicidade e coas hsitóricas relacións económicas en común.Xa era hora !!!
Dada a "liña" de Vieiros, bótase en falta máis iformación sobre este tema: prazos, responsables, dotación económica... En fin, que nos resuman e remitan ao decreto. Supoño todo isto se fará cando se aprobe. Parabéns pola construción da unión dos pobos.
A Galécia caminha, embora lentamente, para a reunificação. Como dizem os brasileiros, «está chegando a hora».