Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Exiliado en Islandia

Morre o xadrecista Bobby Fischer

Tiña 64 anos de idade e levaba tempo padecendo unha grave enfermidade.

Redacción - 13:43 18/01/2008
Bobby Fischer, en 2005 / Chris Lott

Bobby Fischer, en 2005 / Chris Lott

O campión mundial de xadrez de orixe estadounidense Bobby Fischer morreu esta sexta feira aos 64 anos de idade. Fischer, que se fixo famoso mundialmente por vencer o xadrecista soviético Boris Spassky en 1972, levaba un tempo cunha grave enfermidade.

O polémico deportista estaba perseguido por ter violado as sancións internacionais ao participar nunha partida na antiga Iugoslavia en 1992. Despois, foi moi criticado no seu país natal por ter apoiado os atentados do 11-S en Nova York. Despois de vivir moitos anos agachado no Xapón, concedéuselle a cidadanía islandesa en 2005. Alí, en Islandia, foi onde finou, protexido da deportación aos EUA.


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

BonKarallan #1 18/Xaneiro/2008 BonKarallan

http://gl.wikipedia.org/wiki/B...

Vexan como lle arruinaron a vida eses "americones", por ir ao seu e non aos intereses da patria USA (loitar contra o inimigo vermello).

Por xogar en Belgrado mentres estaba bloqueada por EE.UU. declarárono traidor e perseguírono toda a vida.

Tivo que morrer só e enfermo en Islandia, un dos mellores xadrecistas de todos os tempos.

Abandonou antes de que lle desen xaque mate. A miña gran admiración por Bobby Fisher.

ecoe #2 19/Xaneiro/2008 ecoe

As denominadas "sancións internacionais" en tódolas guerras de intervención e conquista posteriores á "caída do Muro", non son outra cousa que mandatos imperialistas, todos eles facilitados polo domínio absoluto do Consello de Seguridade da ONU, onde só rezan as potencias, e a que máis, eles.

En Xapón non vivíu, estivo encarcerado, que non é nada semellante, e de alí foi Islandia quen tirou do cárcere.

Todo o "gran pecado" que cometeu simplemente foi ir xogar á antiga Xugoslavia, cando o Imperio non quería.

OBSERVADOR #3 19/Xaneiro/2008 OBSERVADOR

Qualquer cousa pode ser um pecado grande se vai contra os interesses do Império.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: