Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Declaración de Edimburgo'

O BNG asina en Escocia un documento ao abeiro da Alianza Libre Europea

Formacións políticas de seis nacións europeas sen Estado (Galiza, Países Cataláns, Euskal Herria, Flandres, Escocia e Gales) comprometéronse á cooperar culturalmente, e abriron un debate sobre a independencia dentro da UE.

Redacción - 17:50 20/01/2008

Seis partidos nacionalistas europeos con responsabilidades de goberno -BNG (Galiza), ERC (Países Cataláns), EA (Euskal Herria), SNP (Escocia), Playd Cymru (Gales) e Spirit (Flandres) asinaron este sábado a Declaración de Edimburgo, un documento polo que se comprometen a colaborar culturalmente, segundo publican varios medios internacionais.

Ademais, debatiuse unha outra declaración de maior contido político onde se lle reclama á Unión Europea "unha reflexión profunda sobre as súas fronteiras internas".

Concretamente, falouse sobre a posibilidade de que as nacións sen Estado se convertan automaticamente en novos membros, "sen teren que pasar por ningún período de adecuación", xa que na actualidade forman parte da mesma como entes subestatais.

A Declaración de Edimburgo está baseada nos "principios democráticos e no respecto aos dereitos humanos". Enmárcase dentro do encontro anual que organiza a Alianza Libre Europea (ALE), e quere xerar un novo discurso sobre o papel que deben ter os pequenos estados europeos na construción da UE, tal como Irlanda, Finlandia, Dinamarca, os estados Bálticos ou Eslovenia.

Máis información en BBC Scotland, icWales, VilaWeb, e EiTB.


4,69/5 (13 votos)


Comentarios (5)

Garrano #1 20/Xaneiro/2008 Garrano

Sis partits independentistes europeus firmen la Declaració d'Edimburg

!?! http://www.vilaweb.cat/www/not...

O BNG fixose ao fin independentista! Parabéns!

xurxinho_tolo #2 20/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo

galiza precisa de europa pero españa fixonos un flaco favor marxinandonos agora toca outra situacion galiza merece ser independente dentro de europa

maria_castanha #3 20/Xaneiro/2008 maria_castanha

curioso o BNG que em Europa está com ERC e EA e no "Estado plurinacional" com PNV e CiU...

em VilaWeb falam de independentistas, em EiTB de autodeterminaçom, e nom se sabe se estava ali Anxo Quintana ou Ánxela Bugallo...

Garrano #4 20/Xaneiro/2008 Garrano

Eu o que si sei é que esta nova estaba hai 5 minutos como a principal en portada e agora baixou ao taboleiro dun tirón. Que aconteceu?

Ghaviotero #5 20/Xaneiro/2008 Ghaviotero

que aos do BNg non lles gustou, teñen que dar imaxe de moderados e demáis.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: