Os comicios enfrontan ao candidato pro-occidental, o actual presidente Boris Tadic, co pro-ruso Tomislav Nikolic.
Os serbios achéganse este domingo ás urnas para elixir ao vindeiro presidente do país. Fronte a fronte, Boris Tadic, actual presidente pro-occidental, e Tomislav Nikolic, nacionalista pro-ruso.
Os comicios preséntanse como un un plebiscito sobre o lugar que Belgrado ocupará dentro do panorama internacional, nun momento en que se prepara para asumir a posíbel perda de Cosova.
Polo momento as enquisas reflicten que ningún dos dous candidatos conta coa maioría necesaria para conseguir a vitoria na primeira volta, xa que logo semella que vai ser necesaria unha segunda volta, o vindeiro 3 de febreiro.
Malia que en Serbia a Presidencia é un cargo con escaso poder real, o voto vai servir como expresión do estado de ánimo dos serbios ao respecto de dúas cuestións, a xa comentada independencia de Cosova e mais unha hipotética integración na UE.
A ver, supoño que os serbios tamén estarán pendentes. Chámenlles ás cousas polo seu nome: Tomislav Nikolić non é un nacionalista, é un fascista. E o de "Cosova" pois... en fin, que algún (outro) lingüista mo explique.
Concordo con Serbia. Incluso "ultranacionalista". Nacionalista, no rigor do termo, é Koštunica -agora máis ca nunca. O de "Cosova" é curioso: Taibo e o Igadi empregan Kosova e Cosova respectivamente. Porén é un barbarismo, coma dicir Servia no canto de Serbia (galicismo) ou Saraxevo (castelanismo introducido por B. Salgado). De empregarmos Cosova, o normal sería acentualo de xeito preparaoxítono, achegándoo á pronunica albanésa -Koshova - Koshovë- coma serbia -Kosovo. Aliás, habería que empregalo con artigo A Cosova...
En fin... mellor sería usar a forma ou alabensa Koshova, ou Kosovo.
De feito, kos é merlo en serbo-croata, kosovo significa "dos merlos" ou algo así como "merleiral, lugar con moitos merlos". De ser brutiños, propoño "Merlolandia".
cosova iso que é dende logo que tonteria
Por unha vez, concordo con Serbia.
FREE KOSOVA!!!!
Segunda volta o 3 de febreiro, Nikolić e Tadić. Polo medio a UE vai levantar as restricións dos visados (xa era hora) para darlle un pulo a Tadić. Os húngaros e os 40.000 indecisos da órbita do DS van ser chave... e que Koštunica non diga que voten a Nikolić para botar a Tadić.