Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Letras e músicas, para cantaren pais e fillos

"Rou, rou, xouxigou, tu que vas e eu que vou "

Fermosas pezas de música infantil para descargar, na web de Política Lingüística.

Redacción - 09:00 21/01/2008
Material dos 'Axóuxeres'

Material dos 'Axóuxeres'

A Secretaría Xeral de Política Lingüística programa novos Encontros dous Axóuxeres en Ribeira, Betanzos, Monforte e Ribadavia e inclúe na súa web descargas de música infantil en galego.

Así, pezas que forman parte da tradición musical do país como Señor Noé e Parrulos, polos e galiñas contan cunha versión descargábel de letra e música para que os pais poidan cantar cos pequenos na intimidade familiar.

En canto aos 'Encontros', Ribeira acollerá o día 25 a actuación de Mercedes Peón, que tamén estará o día 27 en Monforte. Betanzos e Ribadavia contarán coa presenza de Uxía durante a fin de semana do 8, 9 e 10 de febreiro.


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: