Acusan a Consellaría de Educación de exercer "discriminación relixiosa anticonstitucional". No informe están incluídas case todas as comunidades do Estado.
Riay Tatary, dereita, é presidente da UCIDE
A Unión de Comunidades Islámicas de España (UCIDE) -institución interlocutora do Estado para o desenvolvemento dos acordos sobre liberdade relixiosa- incluíu á Xunta de Galicia dentro das administracións "hostís" do Estado, á que acusan de "falta de liberdade relixiosa".
A UCIDE, que está a piques de presentar un informe con diversos datos sobre a situación dos musulmáns no Estado Español, tamén ve unha oposición ao uso do veo islámico, ás mesquitas, aos cemiterios e ás clases de relixión islámica.
Sobre este último punto, quéixase de que a Consellaría de Educación non puxera en marcha o ensino da relixión, e denuncian o "baleiro legal" que existe nos colexios, dado que "os alumnos que elixiron relixión islámica non reciben ningunha atención educativa nesa hora de clase", o que supón unha "discriminación relixiosa anticonstitucional".
Dúas cidades (Sevilla e Lleida) e case a totalidade das comunidades autónomas está incluídas dentro desta 'lista negra', onde tamén se atopan o partido de extrema dereita Democracia Nacional, o Partido Popular, a FAES, a Conferencia Episcopal e varios profesionais dos medios de comunicación.
Calquera confesionalidade non católica, debera ter ben claro xa a oficialidade da relixión do Vaticano S.A. denominada "estado aconfesional" de relixión católica. : escola, radio, prensa, rúa, etc.
Teñen toda a razón do mundo. Ou ben quitan o ensino da educación católica dos centros públicos (que ao meu entender é o que habería que facer) ou senon terán que ensinar tódalas relixións que os alumnos soliciten, o contrario é anticonstitucional.
Ben, vaiamos por partes. Eu o que penso que sería mellor é:
-Retirar as clases de relixión (de calquera relixión) das escolas.
-En canto ao velo, é máis complicado. Por suposto, nunha escola con uniforme, o uniforme é o que é, e non pode ter engadidos como velos e demáis. O mesmo para as clases de educación física ou de natación en calquera escola.
que solución propoñedes vos?
As escolas do estado (galego ou español),e de tódolos estados do mundo,teñen que ser arelixiosas,aínda que ensinen culturalmente tódalas as relixións do mundo (ou as que se poidan).E despois un,xa de grandeciño e xa educado o suficiente,e con liberdade,que elixa a relixión que lle pete ou que sexa ateo.
A integración tamén pasa por recoñecer a identidade nacional de Galiza.
Non lles custaba nada -como mínimo- pór unha versión da súa web en galego.
Nin católica nin ningunha outra: Estado laico, educación laica. Cada un que faga o que queira na súa casa e no seu entorno: á escolla de cada un. Parece mentira o repunte das "relixións" que estamos a viver. O velo? Xenial, pero fóra cando impida levar a cabo unha actividade determinada, igual que os tacóns, pinzas no pelo, xoias... Racionalidade, por favor. "Hostil"? En vez de sobre "integración" o "convivencia" estame comezando a parecer que estamos a falar doutra cousa ben diferente...