Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Encontro en Escocia

O BNG desminte que asinara a Declaración de Edimburgo

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego aclara que "non enviou ningún representante" a xuntanza da ALE, malia o publicado por diversos medios internacionais.

Redacción - 20:35 20/01/2008

A Executiva Nacional do BNG desmentiu este domingo á tarde a información publicada por diversos medios internacionais, da que se fixo eco Vieiros, referente á sinatura dunha declaración en Escocia no encontro anual da Alianza Libre Europea (ALE).

Fontes nacionalistas afirmaron que o BNG "non enviou ningún representante a Edimburgo", e tampouco "a iniciativa foi debatida" polos órganos de decisión correspondentes.

A Declaración de Edimburgo propugna a colaboración cultural entre as nacións sen Estado da Unión Europea, así como tamén avoga por abrir un debate sobre as fronteiras europeas internas.

Máis información en BBC Scotland, icWales, VilaWeb, e EiTB.


4,1/5 (10 votos)

Comentarios (16)

Ghaviotero #1 20/Xaneiro/2008 Ghaviotero

Xa me parecia a min... unha nova moi rápidamente retirada de portada, etc.

Os do BNg (cada vez menos G) son uns lambecús que veñen de descubrir o ben que se vive cogobernando na GZ xunto con partidos españois.

ecoe #2 20/Xaneiro/2008 ecoe

Que non vaian confundir o bng con esa camada de independentistas e outras xentes de malviver, delincuentes intrínsecos por elo!
Eles son xente de orde.

ANGR #3 20/Xaneiro/2008 ANGR

Manda carallo, para unha das poucas novas relacionadas co bloque das que ultimamente fago unha valoración positiva e é mentira. Cara onde vai o BNG? (dáme a min que imos atopar esta pregunta en cada vez máis editoriais)

Saúde e terra!

El_Uali #4 20/Xaneiro/2008 El_Uali

Que drama, a única alegria que nos dá a direcçom do BNG em meses e resulta ser falsa...

lems #5 20/Xaneiro/2008 lems

Ola
A min non me parece drama.
Nin tampouco o sería a súa participación, pois penso que está ben saber o que se coce en europa.

serbia #6 20/Xaneiro/2008 serbia

Pois aparece citada na BBC Bugallo... na EiTB non.

pampeiro #7 21/Xaneiro/2008 pampeiro

É mellor estar cos do PSOE ??? Unha mágoa,bloqueiros !!!

luvas #8 21/Xaneiro/2008 luvas

Non é que o BNG non poda asinar esa declaración, que pode. É que os socios do BNG nisto dos acordos son CIU e EAJ-PNV, os partidos nacionalistas máis votados nos seus respectivos paises.

Pedrel #9 21/Xaneiro/2008 Pedrel

A militancia do BNG ten que esixir unha maior participación e saír á rúa. Non é posibel que, diante unha nova que merece aprobación, o que saia nos periodicos é que a "executiva" non ten participación nese movemento.
Xa é tempo de nós opinar.
Maior autodeterminación e maior participación na rúa para que a xente comprenda cal é a verdadeira ideoloxía e sentimentos dos nacionalistas.

alog #10 21/Xaneiro/2008 alog

UN erro maís. O BNG descuida dous eixos fundamentaís da politica galega:

- A dimensión internacional.
- A economia.

Creo que cada día é maís necesario fomentar no BNG (e si tamen nos partidos que o conforman) a idea de que se queremos aumentar o noso peso na sociedade temos que ter alternativas en todolos eixos, non so na dimensión Galiza-España a nivel infraestructural. Senon tamen fomentar unha acaida presencia institucional ao marxe de temas electorais, e tratar temas coma os economicos.

Gaviotero #11 21/Xaneiro/2008 Gaviotero

Es que estos chicos de Vieiros, enseguida se emocianan...Pues ya van unas cuantas noticias retiradas en pocos días. Si hace unas semanas retiraron una por apología del terrorismo, ahora lo hacen con esta por apología de la falsedad...

Cesare #12 21/Xaneiro/2008 Cesare

Non é que o BNG non estea nese serán, que está. É que unicamente non foi asinada ningunha declaración de Edimburgo. Ou sexa, a noticia é errónea, pero os que se aledaron pola sinatura BNG poden seguir contentos aínda que esta formalmente non se producise.

lunet #13 21/Xaneiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

xacataca #14 22/Xaneiro/2008 xacataca

Sr. Cesare:

Peor que mentir é desinformar.

mceleiro #15 22/Xaneiro/2008 mceleiro

Bem, senhores bloqueiros, bem. Melhor que o aclareis, que venhem as eleições e não vaia ser que algum galeguista despistado vos vote.

Maeloc-do-Rouco #16 22/Xaneiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Eu tame estou "emocianado"...Agora Gavi (a.k.a. The New Matias Prats "el cosmo-polilla")decide escrever apoiando-se no seu sotaque natural...seguramente os seus sorrisos de plastico som do estilo dos seus recorrentes "ja ja ja!!...Que amocion tiu

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: