María Seoane é presidenta de Novas Xeracións. Afiliouse ao PP en 2001, estuda Dereito e colabora nos labores de xestión da Fundación Valle-Inclán. Unha entrevista de Diego Ameixeiras.
Mariano Rajoy ten demostrado a súa preocupación pola discriminación do castelán en Galiza. Dende a Mesa pola Normalización Lingüística critícase o escaso compromiso do bipartito na normalización do galego, e moitas voces advirten dunha perda alarmante de falantes. Vaia lea! A quen debemos facer caso?
O respecto e a protección dos idiomas enriquece a cultura dun pobo. Os galegos estamos a demostrar que sabemos convivir perfectamente entre dous idiomas.
Para ofender, sempre se di da xente do Partido Popular que son uns "pijos". Deféndase un pouco. Nestes tempos tan confusos, non ten vostede advertido a presenza de "pijerío" nas filas socialistas ou do Bloque?
Un ataque aos demais non é a mellor defensa, pero supoño que se en Novas Xeracións de Galicia hai 8.500 afiliados, en Xuventudes Socialistas 2.000, e en Galiza Nova 90... En proporción, teremos máis "pijos", máis hippies, máis punkies...
Cónteme algo das súas orixes. Como naceu a súa vocación política?
Quizais a política sexa o campo onde mellor se pode escoitar á xente e onde se pode facer deste mundo algo máis próspero. Será por iso que naceu a miña vocación...
E ten algún tipo de ambición política polas alturas ou cre simplemente na política como traballo de base?
Como dicía Santa Teresa, "A Deus pódeselle atopar se se quere, tamén, entre os pucheiros".
Así, entre nós. Miremos un pouco ao pasado... Atrévese a dicir que con Manuel Fraga, os galegos viviamos mellor?
Mellor que con Quin e Touriño como "Presidentes" da Xunta, seguro!!!
Pois o Presidente 1 (Touriño) deunos unha gran noticia cando dixo que non come en restaurantes de luxo. Dígame, onde come vostede normalmente?
A min gústanme as comidas caseiras. Aínda que supoño que comer na casa para Touriño será un luxo, tendo a súa en primeira liña de praia.
O Partido Popular está en contra do famoso canon dixital. Imaxino que lle parecerá moi inxusto que unha entidade privada, a SGAE, xestione unha taxa por se temos o valor de facer copias de discos de Luis Cobos...
Imaxina ben. Non creo que teñamos que pagar por sermos sospeitosos. Pero ZP ten que compensar os favores a Pilar Bardem e os seus amigos e non lle queda outra que tirar dos cartos de todos nós...
Entrevista publicada na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 128, xaneiro de 2008)
90 afiliados en Galiza Nova, María? Non usaríades a mesma calculadora que cando recontábades os asistentes ás manifestacións de Nunca Máis, por casualidade?
esta e ppira e dicir que de galego nada que nos tempos de fraga se vivia mellor????dende logo
Iso de que o PP non é un partido de pijos non é certo, e menos con esta que ten pinta de saír do mesmo centro de Juan Flórez e de facer risa dos que falamos galego...mágoa que tamén haxa mulleres así.
fervenza seguro que é desas peron cales do pp non o son ????????
90 afiliados en Galiza Nova?! O castelán discriminado?! Quen lle pasa os apuntamentos a esta?? Acebes??
Rajoy que non confunda o touciño coa velocidade que o único idioma que se discrimina na Galiza é o galego.
,,Os galegos estamos a demostrar que sabemos convivir perfectamente entre dous idiomas"
Esta muller está nas verzas! Oi perdón, q os do PP non andan coas mans na terra, iso é para os paletos de sempre.
Pois grazas ós "paletos" como di Tino, acadaron as maiorías da era Fraga, todos os vellos das aldeas votaban a Fraga, o sector da "boina" era o que lle daba os votos, pero aínda así desprézanos, pero ben que querían os votos deles.
xa dende logo os votos si......pero aos galegos de aldea non........quen lle vota o pp mais que o rural???????
boh, creo que a rapaza daba para unha entrevista máis longa e seguramente con máis profundidade. a falta de outra cousa quédome en que me parece moi boa moza. xa é algo bon pois os primeiros espadas femeninos dos partidos no poder deixan moito que desexar. adónde vamos con de la vega, salgado ou narbona?
eu, que recoñezo que en custión de féminas opto pola dupla venezuela-colombia, xa viña botando de menos ese look opus galaico bravo bosch/corina/sáinz. dígovos que neses vellos tempos de gloria até me excitaba co telexornal.
ah, as mulleres...
Segundo a información que teño, Galiza Nova conta cuns 900 afiliados. O erro no dato que se achega na entrevista -ao díxito fáltalle un "0", evidentemente- é exclusivamente meu, e non de María Seoane. Xa que logo, desculpas.