Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Subliñan a "complexidade" da operación

Medio Ambiente promete que a saída de Ence se adiantará "varios anos"

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, insiste en que permanece aberta a negociación coa empresa para o traslado.

Redacción - 17:15 21/01/2008

"O comité de empresa contará o que lle diga a empresa, pero outros non imos contar o que nos di a empresa para non provocar complicacións nin armar diversidade de opinións". Con ese enguedello trataba de explicar o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o que segundo el é xa "un secreto a voces": Xunta e Ence manteñen negociacións abertas e avanzadas no deseño dun plan de traslado do complexo industrial fóra da localización actual.

Insistiu Vázquez en que hai vontade política "clara" para "acurtar prazos". O conselleiro rexeitaba así as afirmacións de representantes do comité de empresa, que aseguraran que esas conversas non existiran. Especulou o responsábel de Medio Ambiente coa posibilidade de que a dirección de Ence non lle estea trasladando con exactitude aos traballadores a evolución desas conversas e avanzou que a negociación para a saída da celulosa da ría de Pontevedra estaría a dar resultados concretos. "Empézanse a dar as circunstancias para que todos poidamos conseguir ese obxectivo", confirmou.

Con todo, recoñeceu que non hai nada asinado e referiuse ás "complexidades" que na súa opinión ralentizan o proceso. Ademais da elección dunha nova localización, mencionou o "estudo de custos, impactos ambientais e alternativas socioeconómicas para Pontevedra". "Para que se vaia en 2018, non é necesario falar con ninguén, simplemente aplicamos a lei e xa van marchar", engadiu ao respecto das afirmacións do comité.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: