Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia da Plataforma "Cultura Si, Mausoleo Non"

Piden o cesamento dos asesores postos "a dedo" por Fraga que seguen na Xunta

O colectivo quéixase de que Medio Ambiente, Sanidade e Cultura son os departamentos do Goberno onde permanece en postos de "confianza" máis xente procedente do executivo anterior.

Redacción - 18:00 21/01/2008

No que lle toca á estrutura administrativa da Xunta o cambio "está aínda por chegar", en opinión do colectivo Cultura Si, Mausoleo Non. Creada para canalizar o descontento fronte ao proxecto do Gaiás e tratar de reconducilo, a plataforma estende o seu abano de reivindicacións ao ámbito interno da administración para queixarse polo feito de que moitos dos protagonistas das "desfeitas" do anterior goberno do PP permanezan en cargos de responsabilidade co goberno actual.

"Por respecto á democracia e aos cidadáns que votaron o cambio en 2005, o bipartito debera esforzarse en cambiar esa xente", sostivo Xan Carlos Ansia, voceiro da Plataforma, en declaracións a Vieiros. Ansia considera que non é correcto que sigan prestando servizo nos cargos onde foron postos "a dedo", persoeiros que permaneceron "mudos, cegos e xordos", fronte a determinadas actuacións do executivo que lideraba Manuel Fraga.

Arredor de mil cargos, entre asesores xurídicos, xefes de servizo, subdirectores ou xerentes que actuaron en mesas de contratación, comisións de selección e tribunais "seguen nos seus postos directivos ao servizo do BNG e do PSdeG", láianse desde o colectivo. Medio Ambiente, Sanidade e Cultura son os departamentos onde sinalan o problema como maior. No outro estremo, felicitan a Medio Rural ou Educación como exemplo de consellarías onde se realizou máis axiña a supresión dos responsábeis "amarrados" durante o anterior treito de goberno.

Cambios que na opinión da Plataforma son necesarios "por coherencia política e transparencia co diñeiro público" de todos os cidadáns. Ao respecto, lembran que existen mecanismos, como é a actual lei da función pública, que de aplicárense permitirían avanzar na transparencia e na resolución da reprobábel herdanza deixada polo PPdeG na Xunta.


4,69/5 (13 votos)


Comentarios (5)

xurxinho_tolo #1 21/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo

iso iso que rolen cabezas xq hai houbo moito chupón do pp que roubou a costa da cultura pero averdade e que ese proxecto é ben bo para galiza......

Marina #2 22/Xaneiro/2008 Marina

Yo no sé si hubo o no "moito chupón do pp que roubou a costa da cultura ", como se afirma más arriba, pero lo que sí sé es que no es lo mismo chupón que ladrón y que llamar lo primero (chupón) a alguien si es mentira es una calumnia que atenta contra el honor de una persona, pero no sé hasta que punto pueda ser un delito, (aunque moralmente es repugnante, como todas las calumnias). Pero en lo que respecta a lo de robar eso sí que en caso de no ser cierto es un delito. Ya sé que no van a presentar denuncia, porque no hay nombres, pero no por ello deja de ser un delito cometido y tal vez más grave que si los hubiese, pues deja en entredicho a todos los del PP, los cuales ( y no debiera ser necesario recordarlo, es una vergüenza que haya que llamar la atención sobre ello) ¡son personas!, con los mismos derechos y deberes que las demás. Una cosa es no estar de acuerdo ( y polemizar al respecto) con su ideología o con su forma de hacer las cosas (incluida la labor de gobierno) y otra muy distinta es tratarlos como seres inferiores y peligrosos.

Vuelvo a insistir en la necesidad de comportarnos de acuerdo con la legalidad vigente, que emana de la Constitución :respeto a las personas y a sus derechos y, en íntima conexión con ello, denuncia de todo aquello que, a nuestro juicio y con pruebas fehacientes, esté vulnerando nuestra sociedad, individual o colectivamente.

ghalisia #3 22/Xaneiro/2008 ghalisia

Eu o que me pregunto é que carallo fai unha plataforma chamada "Cultura si, mausoleo non" -que está teoricamente en contra da Cidade da Cultura- denunciando cousas deste tipo. O que pasa é que o señor Ansia converteuse en estrela mediática grazas a La Voz e agora quere opinar do divino e ata do humano.

Para iso vólvase á CIG, señor Ansia, alí pode continuar coas súas ansias de protagonismo. Si, é aos sindicatos a quen lle corresponde denunciar este tipo de cousas.

E que Vieiros lle dea cancha a este señor resulta como mínimo decepcionante.

Tino #4 22/Xaneiro/2008 Tino

Sr ghalisia, non será q moitos deses q entraron con cuña do PP están en postiños relacionados coa cidade da cultura, e polos contratos q teñen sexa imposivel bota-los sen indemnizacións?
Ou será q eu tampouco podo opinar?

Polo demais totalmente de acordo: se ao inicio desta lexislatura a xustificación era q non havia xente preparada no psoe e bng para ocupar os centos de postos creados polo PP, q eliminen eses postos ou q larguen a eses ESTÓMAGOS AGRADECIDOS, como se autodenominan eses caraduras!
Eu propoño-me para ocupar algun deses cargos, e seguro q o fago mellor.

OBSERVADOR #5 22/Xaneiro/2008 OBSERVADOR

E em Educação que? Não rolam cabeças???

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: