O goberno, ante a presión internacional, accedeu a que este martes se restabeleza o subministro.
Os médicos alertaron do perigo que causaría o bloqueo
O ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, accedeu finalmente -ante a presión internacional- a que, a partir deste martes, se restabeleza o subministro de combustíbel á planta eléctrica de Gaza, así como tamén o de medicinas, segundo anunciou un portavoz do goberno.
A planta eléctrica, que depende do combustíbel que financia a UE, apagou as súas dúas turbinas este domingo deixando á maior parte da cidade de Gaza sumida na escuridade, despois de que Israel pechase as fronteiras a pasada semana.
Nacións Unidas condenou o domingo a decisión de Israel, mais o goberno do primeiro ministro Ehud Olmert sinalou que deberían de dirixir as súas críticas cara aos militantes de grupos palestinos que disparan proxectís no sur de Israel.
as veces da a sensación de que gaza é unha sorte de condado de treviño dentro de israel. pero non é así e si realmente houbese un mínimo de vontade e de apoio, estes feitos veríanse inmediatamente sobrepasados pola actuación de algúns paises que, por mar, poderían surtir de alimentos e combustible o chan da franxa, independentemente do control israelí das súas propias fronteiras e das de exipto. pero nadie intervén e a historia repítese: primeiro viñeron polo meu veciño, que era comunista. eu non o era e non me preocupei. logo viñeron pola miña veciña, que era feixista. eu non o era e non me preocupei. logo viñeron polo resto, pero eu tampouco me ocupei, xa que non ía conmigo. ahora estou sentado, sabendo que virán por mín a pesar de toda a pamplina que contan na tv.